O Porriño
Atios celebra a sexta edición das Xornadas Micolóxicas
![[Img #21412]](upload/img/periodico/img_21412.jpg)
A Comunidade de Montes de Atios organiza esta fin de semana unha nova edición das xornadas micolóxicas, orientadas ao coñecemento, identificación e degustación dos cogomelos que hai nos bosques veciñais da parroquia.
Os actos distribúense en dúas xornadas. Hoxe venres adicouse aos alumnos do Colexio público de Ensino Infantil e Primaria (C.E.I.P.) de Atios. O experto micólogo Alfonso Rei, membro da asociación viguesa A Zarrota, impartiu unha charla na biblioteca do centro para os nenos de quinto e sexto curso. Explicoulles, con material ameno e acaído aos cativos, as nocións básicas do mundo da micoloxía. Logo, tiveron a posibilidade de practicar o aprendido cunha saída ao monte en compañía do experto micólogo para a recollida de cogomelos.
Este domingo, a partir das 9:30 están citados na área recreativa da Veiguiña maiores e cativos, veciños de Atios ou doutros lugares, para unha xornada micolóxica completa. Tamén en compañía do micólogo Alfonso Rey os participantes percorrerán o monte na rocura e recollida de cogomelos. Despois da explicación in situ do experto, cos cogomelos comestibles seleccionados cociñaranse uns pratos na cafetería do Centro Social e Cultural de Atios, para degustación dos participantes.
Dende a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Atios explican que “son varios os obxectivos das xornadas. En primeiro lugar está o coñecemento dos fungos, para evitar intoxicacións indesexadas, e cal é o mellor xeito de recollelos. Pero tamén valorar a riqueza micolóxica do monte de Atios e, non menos importante, a sensibilización sobre a protección do medio natural. Neste punto compre chamar a atención sobre a ‘invasión’ de recolectores que nos últimos tempos estamos a sufrir. Pedimos aos afeccionados que respeten as normas, o entorno natural e que ‘deixen algo’ para os demáis” explican.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149