Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 11 de Noviembre de 2015 Tiempo de lectura:
Tomiño

O alumnado do Colexio Pedro Caselles e as súas familias participan xuntos en “Falemos”

Será este venres día 13 de novembro terá como data de comezo en horario de 18:30 a 20:00 h

O venres día 13 de novembro ponse en marcha un programa especialmente dirixido o alumnado de primaria de Tomiño e aos seus país e nais, co nome "Falemos" (Mais que un Teito). Trátase dun taller de habilidades parentales e de comunicación, recursos educativos, e de prevención de dependencias, organizado polo Anpa Mosteiro coa colaboración do CEP Pedro Caselles e impartido pola Asociación Erguete Baixo Miño, financiado pola Conselleria de Sanidade da Xunta de Galicia.

 

A novidade do programa e o seu principal atractivo é precisamente que participen nel, conxuntamente familias e alumnado. O programa trata de facilitarnos información e asesoramento co obxectivo de darnos máis recursos para educar ós nosos fillos e fillas. Isto repercute dun xeito moi positivo na súa personalidade, nun mellor rendemento académico e unhas mellores relacións familiares, e no desenvolvemento dunhas actitudes e valores sólidos que lles sirvan de marco de referencia para a seu Benestar e Saude.

 

A presidenta do Anpa Mónica Galiana insiste en que nestas idades é fundamental sentar xa as bases para conseguir un clima adecuado e positivo mediante a comunicación, o establecemento de normas, o recoñecemento, a negociación, a claridade na postura familiar respecto dos asuntos que concernen aos seus fillos e o fortalecemento dos vínculos familiares. Para iso, neste programa ensínase, por exemplo, a mostrar empatía cos menores, a expresar o afecto e a crítica de forma adecuada, a controlar os impulsos para evitar os excesivos conflitos, a establecer normas de conduta claras e coherentes, a facer cumprir as normas sociais e familiares, a utilizar métodos de disciplina positiva, aceptar as diferenzas individuais dos fillos, achegarse á súa realidade e aumentar a súa autoestima, ou a prever problemas no futuro como as adiccións a Internet ou problemas de sexualidade ademais, por suposto, do uso de drogas.

 

Haberá unha sesión semanal e gratuíta en diferentes reunións para pai e nais e en sesións conxuntas cos fillos que serán especialmente amenas, relevantes, clarificadoras e divertidas para os participantes.

 

O calendario previsto terá como data de comezo o venres día 13 de novembro en horario de 18:30 a 20:00 h no  propio CEP Pedro Caselles cada venres ata que finalicen as sesions, que serán cinco nesta primeira andaina. Para programar as sesións presentes e futuras e adaptar o máximo o programa ás preocupacións das familias, as inscricións contan cun apartado en que se pregunta cales son os temas que consideran máis urxente abordar:” Os nen@s e as novas tecnoloxias e cómo actuar”, “ensinando autonomia e responsabilidade”, “establecendo normas e límites”, “hábitos alimenticios saudables”, “falando de sexo cos nosos fill@s”, e “achegamento ás drogas”.

 

As familias interesadas han de entregar a inscrición, que lles foi entregada o venres,  no Buzón do Anpa do propio CEP Pedro Caselles.

 

O servizo contará con Ludoteca durante as xornadas, en caso necesario.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.