GALICIA
Aberta a campaña extractiva da centola e do boi na parte litoral que vai dende Cabo Corrubedo ata A Guarda
A Consellería do Mar abría onte a campaña extractiva da centola e do boi na parte litoral que vai dende Cabo Corrubedo ata A Guarda. Polo tanto, nesta área, a frota con porto base na zona e que se dedica á extracción destas especies pode calar os miños desde mañá a partir das 10 da mañá e levar as especies á lonxa o luns. A campaña prolongarase ata o inicio da veda do ano 2016, que se fixará a través do correspondente Plan de Xestión.
No caso da parte que vai dende Cabo Corrubedo ata cabo Estaca de Bares, na provincia da Coruña, a campaña comezará a partir do 15 de novembro e na parte que vai dende Cabo Estaca de Bares ata o río Eo, a partir do 29 de novembro.
A cota máxima de captura de cada unha destas especies será de 35 kg por barco e día, ao cal se engadirán 35 kg/día por cada tripulante enrolado e a bordo. Poderán participar na campaña todas as embarcacións con artes menores e con porto base nesta comunidade, así como para aquelas que tendo porto base noutras comunidades autónomas, teñan permisos especiais de pesca para faenar nas ditas augas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149