O Porriño
García de la Torre comprometeuse a acometer con urxencia reparacións no colexio Cruz – Budiño
![[Img #21463]](upload/img/periodico/img_21463.jpg)
A alcaldesa do Porriño comprometeuse, este martes, durante unha visita ao Colexio de Educación Infantil e Primaria Cruz-Budiño, a que o Concello acometería a reforma urxente das principais deficiencias do mesmo.
As máis importantes, como pudo comprobar Eva García de la Torre no percorrido que fixo acompañada pola concelleira de Educación, Soledad Girón, o director do centro, José Luis Freire, a xefa de estudos e a presidenta da Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA), son a necesidade de un peche que garanta a seguridade e integridade das rapazas e rapaces; a eliminación das filtracións de auga no pavillón do centro, que xa resultou asolagado en varias ocasións, e o aillamento das aulas de Infantil.
A alcaldesa constatou que, como lle expuxo o director, a Deputación de Pontevedra comprometerá no anterior mandato municipal un orzamento de 25.000 € para o peche do recinto escolar, unha cantidade que, finalmente, non chegou ao Concello porque dende o goberno local non se realizou o proxecto para o mesmo.
Eva García de la Torre, nunha xuntanza que mantivo cos veciños de Budiño hai duas semanas, prometeu que visitaría o colexio, no que na actualidade estudan 114 nenas e nenos, e que “se é por 25.000, mesmo por 35.000 €, o Concello non dubidará en acometer as obras e melloras necesarias para que os alumnos reciban a súa educación en condicións óptimas”.
Nos vindeiros días, comentou Eva García de la Torre aos responsables do centro, o arquitecto municipal achegarase ao mesmo e realizará unha valoración das obras que hai que acometer e a directiva da ANPA do Cruz-Budiño manterá unha xuntanza coa alcaldesa para expor, polo miudo, os seus proxectos e as carencias que entenden que ten este colexio no que, como dixo o seu director, non se fai un mantemento axeitado dende a súa apertura en 1981.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149