A Guarda
Deputación sinalizará unha ruta de BTT que transcorre por Oia, A Guarda e O Rosal
A Presidenta da Deputación destacou a importancia do acordo entre estes tres concellos manifestando que “os novos tempos políticos marcan este modelo baseado na coordinación e cordialidade”
![[Img #21465]](upload/img/periodico/img_21465.jpg)
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, firmou coa alcaldesa de Oia, Rosa María Otero Carballa, e os alcaldes da Guarda, Antonio Lomba Baz, e O Rosal, Jesús M. Fernández Portela, un convenio de colaboración para a sinalización dunha ruta de BTT polo suroeste da provincia de Pontevedra.
Carmela Silva, quixo destacar sobre o acordo que “os novos tempos políticos marcan este modelo baseado na coordinación e cordialidade entre concellos”. Ademais, subliñou que o proxecto de sinalización do percorrido pola serra da Groba permitirá percorrer a ruta “non soamente durante a celebración da BTT senón de forma permanente durante todo o ano”. Igualmente, Silva destacou a importancia deste convenio polo seus dobre obxectivo xa que “por un lado impulsa a práctica do deporte durante todo o ano pero tamén pon en valor a extraordinaria riqueza paisaxística e patrimonial da zona”.
Pola súa parte, o alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, agradeceu á Deputación o seu apoio na firma deste convenio que “xa que conseguimos así darlle un carácter de permanencia a esta ruta de BTT, permitindo que calquera que queira realizar tanto a proba como percorrer a ruta poida seguila durante todo o ano con total seguridade”.
A alcaldesa de Oia, Rosa María Otero Carballo, quixo dar grazas á Deputación por “potenciar este nexo de unión entre os tres concellos que esperamos que se estenda ademais a outras actuacións”. Ó respecto da sinalización da ruta, a alcaldesa manifestou que “permitirá que sexa permanente no tempo e que en calquera época do ano se poida percorrer en bicicleta ou ben camiñando”.
Xa para rematar, o alcalde de O Rosal, Jesús M. Fernández Portela, destacou que a sinalización da ruta conseguirá “poñer en valor durante todo o ano unha zona repleta de atractivos turísticos ó tempo que se practica deporte”.
Desde o ano 2009 os concellos da Guarda, Oia e O Rosal, coa axuda dos clubes ciclistas de cada unha das localidades, veñen organizando entre outubro e novembro unha marcha en BTT de aproximadamente 35 km percorrendo os montes do sur da serra da Groba. O interese que espertou a ruta supuxo que afeccionados ó ciclismo pero tamén ó sendeirismo comezasen a percorrela durante todo o ano. Neste contexto, e co obxectivo de fomentar a permanencia da ruta, os tres concellos polos que discorre contarán, grazas á Deputación de Pontevedra, con 3 paneis informativos dando a coñecer os valores patrimoniais e naturais da zona, 50 sinais indicadoras cos seus respectivos postes de soporte e 50 postes para balizas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191