Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 12 de Noviembre de 2015 Tiempo de lectura:
Gondomar

450 nenos e nenas participan este xoves nun contacontos e nun concerto de Mamá Cabra en Gondomar

Este xoves 12 de novembro 450 nenos e nenas de nove colexios do Val Miñor vanse achegar a Gondomar para asistir a dúas actividades organizadas por Espazo Lectura coa colaboración do Concello de Gondomar: un contacontos a cargo da actriz e contadora Raquel Queizás na biblioteca municipal e un concerto do grupo Mamá Cabra no auditorio Lois Tobío. Estas dúas actividades enmárcanse nunha xornada de achegamento á biblioteca municipal e de fomento da lectura que Espazo Lectura organiza desde hai varios anos coa colaboración do Concello de Gondomar.
 

A biblioteca municipal acollerá ao longo da mañá do xoves 12 tres pases do espectáculo de contos "A maleta da avoa", a cargo da actriz e contadora Raquel Queizás. Ademais, no auditorio municipal haberá dous pases dun concerto do grupo de música infantil Mamá Cabra, que este ano celebra o seu 15º aniversario. Os 450 nenos e nenas aistirán ás dúas actividades, organizados en quendas que lles permitirán tamén gozar dunha mañá de lecer e convivencia no espazo do Parque da Coelleira.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.