Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 12 de Noviembre de 2015 Tiempo de lectura:
O Porriño

Pontellas celebra a súa XII edición da Festa da Zorza

O vindeiro día 15 de novembro celebrarase a XII Festa da Zorza na parroquia de Pontellas, no Porriño. Os actos comezaron o pasado luns coa preparación do adobo de máis de 800 quilos de carne de porco, as racións serán a 6 € que inclúe pan, viño e a exquisita zorza (obsequio de taza de barro). A organización espera repartir máis de 2.500 racións entre todos os veciños que se acerquen a degustar esta tapa de zorza frita e que se servirá tamén en empanada.

 

En palabras da presidenta Rosa Angela “Este ano decidimos facer máis racións, xa que nos anos pasados, estamos quedando escasos e remátanse as racións, tamén contaremos con bo tempo polo que esperamos que a afluencia sexa maior que outros anos”.

 

Na xornada non faltará a música tradicional galega, xa que actuarán dúas agrupacións desta parroquia, o grupo de gaitas Nordesía e a Rondalla de Pontellas.

 

O lugar elixido  para a cita gastronómica é o recinto da Asociación do Centro Cultural de Pontellas. A degustación da zorza e da empanada comezará a partir das 11:30 horas da mañá ata as 14:30 horas da tarde.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.