Salvaterra de Miño
Unha persoa resulta ferida en Salvaterra de Miño tras interceptar na vía dous cabalos
Dous atropelos a dous cabalos ocorreron á primeira hora desta mañá na A-52, no punto quilométrico 287, dirección Vigo, á altura do Concello de Salvaterra de Miño. Como consecuencia dos atropelos, un dos condutores implicados resultou ferido, segundo explicou Urxencias Médicas ao CAE 112 Galicia. Ademais, foi preciso cortar un carril á circulación mentres o persoal cualificado, para tal fin, non retiraba os animais da vía. O CAE 112 Galicia pasados uns minutos das 06:30 horas desta mañá, recibía a chamada de dous particulares que informaban do atropelo a dous animais no mesmo punto quilométrico. Así, de seguido, pasouse aviso á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local. Tamén informou ó persoal do Concello que, neste intre, se ocupa da retirada dos animais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.215