GALICIA
A circulación permanece cortada na OU-533 a causa dun accidente con tres camións implicados
Tres camións colidiron na OU-533, punto quilométrico catro, no tramo que une Viana do Bolo coa Gudiña. Como consecuencia do impacto, a circulación quedou interrompida e así permanece dende as tres e media desta tarde. Os axentes da Garda Civil de Tráfico informan de que hai habilitado un carril alternativo, xa que o corte manterase durante horas. Igualmente, a causa do golpe, un dos condutores recibiu asistencia sanitaria, aínda que as feridas eran de carácter leve. Os tres camións levaban carga no momento de producirse o accidente: area, cemento e esterco. Precisamente, o que transportaba o cuito perdeu parte da carga, que quedou ciscada pola estrada. Isto obrigou, ademais, a intervir aos servizos de limpeza e mantemento da vía. O persoal do CAE 112 Galicia activou o operativo grazas á chamada dun particular ás 15:30 horas de hoxe. A partir de aí, os xestores do 112 avisaron aos servizos sanitarios de urxencias e aos axentes da Garda Civil de Tráfico. Tamén pediron o apoio dos membros do GES da Gudiña.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149