Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 13 de Noviembre de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Un total de 16 locais hostaleiros participarán dende hoxe na ruta gastronómica da Feira de Outono

[Img #21502]

 

O Salón de Plenos da Casa do Concello serviu como escenario para presentar o resultado dunha colaboración entre os alumnos do módulo de deseño gráfico que se está a desenvolver dende o obradoiro de emprego e varios hostaleiros da vila.

 

Acompañados polo concelleiro de Hostalería, Mario Lago, e pola concelleira de Cultura, Hortensia Bautista, ámbolos dous colectivos presentaron en público o folleto no que se recollen os diferentes pratos que os asistentes á Feira de Outono poderán degustar en 16 locais hostaleiros da vila ao longo dos días 13, 14 e 15 de novembro.

 

O deseño do interior deste folleto, no que se recolle a programación prevista para os tres días nos que terá lugar a feira e os diferentes pratos que ofrecerá cada un dos locais, correu a cargo dos alumnos do módulo de deseño gráfico que dende o pasado mes de outubro participan no obradoiro de emprego que se desenvolve no Centro de Desenvolvemento Local (CDL).

 

A oferta gastronómica variará dende pinchos até tapas pasando por racións e incluíndo algúns menús pensados para varias persoas. O folleto tamén contempla un mapa do casco urbano do Concello no que aparece especificada a situación de cada un dos 16 locais participantes nesta ruta gastronómica desta Feira de Outono.

 

Tanto Mario Lago como Hortensia Bautista agradeceron “enormemente o traballo de todas as partes implicadas”. Lago asegurou que “a hostalería sairá moi beneficiada deste tipo de iniciativas, que imos potenciar no futuro, e que o traballo dos alumnos do obradoiro foi brillante, e así nos consta nas críticas que estamos recibindo”.

 

Bautista “agardou que este tipo de eventos, onde a colaboración permite ter unha fin de semana cunha programación gastronómica e cultural moi completa, teñan continuidade”

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.