GALICIA
Os Grupos de Intervención Supramunicipais (GES) renovaranse
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, trasladoulle onte á da Federación Galega de Municipios e Provincias o interese do Goberno galego por manter o sistema dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES), xa que funciona e “teñen solucionado moitos problemas” nos case tres anos que levan en marcha.
Rueda renovou o compromiso da Xunta con estes grupos de emerxencias nunha reunión na que tamén participaron a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, a de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e o novo presidente da Fegamp, Alfredo García. A este respecto, o vicepresidente destacou que os GES son un dos exemplos máis salientables da colaboración entre a Xunta e os concellos galegos.
Ademais da súa continuidade, na xuntanza tamén se abordaron asuntos a mellorar por estes grupos, para que poidan seguir co seu obxectivo de complementar os recursos de emerxencias que hai repartidos por toda a Comunidade e crear unha auténtica malla de emerxencias galega.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149