GALICIA
CIG-Industria considera ‘indecentes’ os beneficios de Fenosa a custo de rebaixar as condicións laborais do persoal das subcontratas
Fenosa facía público, hai apenas unha semana, o montante ao que ascendían os seus beneficios en 2014: 1.400 millóns de euros. Esta cantidade supón un incremento do 1,2% respecto de 2013 e segundo as diversas informacións publicadas, sería froito dos negocios internacionais da compañía. Porén, a CIG-Industria considera que alén da actividade internacional de Fenosa, estes beneficios débense á “indecente” política laboral da empresa, que subcontrata á baixa ás concesionarias que, á súa vez, explotan os seus traballadores/as.
Benedicto Blanco, secretario comarcal da CIG-Industria de Compostela, pon como exemplo á nova subcontrata para a lectura de contadores, INCATEMA, onde o salario dun/unha Oficial é de 896,23 €/mes cando, segundo o convenio do Metal da provincia da Coruña, tería que ser de case o dobre, 1.627,38 €. Unha diferenza de 731,07€/mes que se repite, practicamente na mesma cantidade, nos salarios de Especialistas e Peóns.
Blanco denuncia que esta é, realmente, a fonte de beneficios de Fenosa, que “gaña miles de millóns de euros a final de cada exercicio mentres os traballadores e traballadoras teñen unhas condicións de traballo de pena, unha xornada interminable e uns salarios de miseria”.
De feito acusa a FENOSA de prescindir da antiga subcontrata encargada de facer a lectura de contadores, COBRA, e de que os seus 140 traballadores/as fosen despedidos por ter reclamado o salario e as condicións laborais ás que tiñan dereito por lei, é dicir, as do convenio do Metal da provincia da Coruña.
Blanco explica que para poder pagar os salarios regulados por convenio, ou sexa, para cumprir a legalidade, a empresa subcontratada tería que percibir de FENOSA unha cantidade maior polo contrato. “Ante iso COBRA despide ao seu persoal e FENOSA subcontrata a outra empresa con novo persoal, sen experiencia pero con salarios que nin chegan a mileuristas”.
A isto engade as consecuencias que a avaricia de FENOSA ten provocado nas e nos usuarios, polos atrasos nas lecturas de contadores, os envíos de facturas con lecturas estimadas ou con consumo cero, ou aquelas que chegan con varios meses acumulados. Unha situación que denunciou, ademais da CIG, a Unión de Consumidores de Galiza e que está provocando graves desgustos e problemas económicos a centos de familias.
Para Blanco o que xa é incríbel é que, segundo teñen denunciado usuarios e usuarias, INCATEMA, como non é capaz de levar a lectura de contadores ao día está a chamar por teléfono aos domicilios para sexan os propios usuarios/as quen fagan as lecturas dos contadores e as comuniquen por teléfono. “Fenosa é quen ten a obriga de facer, en tempo e forma, a lectura dos contadores. En menos de 30 días se son mensuais e en menos de 60 días se son bimensuais”, explica.
Xunto a isto sinala que no pasado mes de xuño FENOSA rescindiu o contrato con MALGA, subcontratando a COBRA para o mantemento de liñas de media tensión cunhas condicións de traballo moi inferiores ás que tiñan as traballadoras e traballadores da anterior contrata (MALGA).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149