Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 14 de Noviembre de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

Tres persoas resultaron afectadas a causa dun incendio nunha caldeira en Redondela

Tres persoas foron evacuadas esta mañá ao Punto de Atención Continuada (PAC) de Redondela con síntomas de intoxicación por inhalación de fume provocado por un incendio doméstico. Segundo explicaron os membros do Servizo de Emerxencias da localidade, o lume comezou nunha caldeira e alcanzou a diversa maquinaria de traballo que se almacenaba nun andel. As tres persoas que estaban nese intre no interior da vivenda resultaron afectadas e, despois de seren atendidas no mesmo lugar dos feitos por un equipo de Urxencias Médicas, foron trasladadas ao PAC.

 

Foi, precisamente, un dos afectados quen contactou co 112 Galicia para pedir axuda. Eran as 8:45 horas de hoxe. A partir de aí, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia pediu a colaboración dos Bombeiros do Baixo Miño e dos membros do grupo de emerxencias local, quen, finalmente, sufocaron o incendio. Tamén foron informados os axentes da Policía Local. O suceso se rexistrou no Camiño Andrea.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.