Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 14 de Noviembre de 2015 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

A Fiscalía de Pontevedra arquiva a denuncia por “prevaricación” contra Marcos Besada

O PP de Salceda “respecta” pero “non comparte a decisión do fiscal”

[Img #21527]

 

O Alcalde de Salceda, Marcos Besada (Movemento Salceda), acudía a declarar en calidade de investigado por un presunto delito de prevaricación no mes de setembro diante do Fiscal Xefe de Pontevedra, Juan Carlos Aladro, que agora, tras a fase de investigación que el mesmo dirixiu, decide arquivar a causa alegando que “non podemos concluír a existencia dun delito doloso de prevaricación”.

 

Afirman dende Movemento Salceda que “o PP, tras 3 derrotas consecutivas nas Eleccións Municipais , vítima da frustración de non ter o apoio dos veciños e veciñas de Salceda, decide xudicializar a política en Salceda para intentar conseguir o que lle negan as urnas”.

 

Así mesmo, consideran que “o noso Alcalde, Marcos Besada, foi obxecto de publicacións de prensa e dun intento de linchamento público, e pensamos que chegou o momento de restituír a súa imaxe e o seu crédito persoal e político. Salceda non se merece que o PP xogue coa dignidade das persoas nin coa figura do Alcalde que representa aos 8.890 veciños e veciñas e que foi refrendado democraticamente e de forma maioritaria nas Eleccions Municipais do 24 de Maio deste ano."

 

Marcos Besada, Alcalde de Salceda asegura que  "todas as miñas decisións como Alcalde son froito da boa fe, e do irrenunciable espírito de cumprir co meu deber, coa Lei e co principio de defensa do ben común dos veciños e veciñas de Salceda, e presididos pola honradez, a honestidade, e o sentido común."

 

O PP de Salceda “respecta” pero “non comparte a decisión do fiscal”


 

O Partido Popular de Salceda de Caselas despois de coñecer que o Fiscal Xefe Provincial arquivou as denuncias que o partido presentou contra o Concello de Salceda “por determinadas irregularidades administrativas detectadas no funcionamento do goberno municipal” aseguran que, “como bos demócratas, respectamos e aceptamos a decisión do fiscal pero non a compartimos, pois existen motivos suficientes que amparan todas as nosas acusacións que  denuncian actuacións irregulares e fraudulentas”, asegura Santiago Rodríguez Davila, presidente e concelleiro popular.

 

Os asuntos obxecto de denuncia foron “os cobros de concelleiros por asistencias non colexiadas, o feito de non sacar a concurso dende 2007 os postos da praza de abastos, a construción dun muro na propiedade dun edil con cargo ás arcas municipais, o ‘incumprimento’ da normativa á hora de executar o proxecto da primeira fase de reforma da praza de abastos e a contratación de asistencias técnicas externas”.

 

Os Populares di que “precisamente, por este último motivo, fai uns días ao exalcalde do Porriño, Raúl Francés, comunicáronlle a apertura de xuízo oral, e no caso de Salceda queda arquivado.  E, por outra parte, o dos cobros dos concelleiros dende hai un tempo atrás xa non se está a facer, polo que se confirma desta maneira que se trataba dunha actuación irregular” segundo indica o PP nun comunicado de prensa.

 

Ademais, dende o PP non entenden “por qué non foron chamados polo fiscal a declarar, logo de que acudise o alcalde Marcos Besada. Sorprendeunos enormemente que non tivese a ben convocarnos para ampliar información ao respecto”.

 

Os populares deixan claro que sempre actuaron de boa fe. “Non temos nada persoal contra ninguén, só cumprimos co noso labor de concelleiros, de cumprir e facer cumprir as normas que rexen o funcionamento do Concello, fiscalizando o traballo do equipo de goberno, a favor sempre dos intereses de Salceda e dos Salcedenses”.

 

Neste sentido, Rodríguez Davila asegura que algunhas destas cuestión foran xa obxecto de denuncias públicas e de mocións nos plenos municipais, “sempre estivemos advertindo, e a decisión final a tomamos non en plena campaña electoral nin xusto despois de saber os resultados, a modo de desquite, non, pois a denuncia foi presentada o 22 de maio, o último día da campaña cando o grupo de concelleiros do PP remataba unha lexislatura”.

 

No entanto, a pesares desta negativa o PP asegura que “continuará perseguindo que se faga xustiza” por estas e por calquera outra cuestión que consideren irregular.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.