Viernes, 16 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 14 de Noviembre de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

Carmela Silva expresa a súa consternación pola barbarie dos atentados de París

Carmela Silva expresa a súa consternación pola barbarie dos atentados de París

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, expresou hoxe a súa consternación e dor pola barbarie dos atentados sufridos na cidade deParís na noite do venres.

Carmela Silva expresou, en nome de todo o goberno da institución provincial, a súa máxima solidariedade con todo o pobo francés nestes momentos de sufrimento e indignación pero, sobre todo, coas familias das vítimas e feridos.

 

A Presidenta mostrouse esperanzada de que "a democracia e a liberdade van ser moito máis fortes que a barbarie dos terroristas".

 

Igualmente fixo un chamamento a todos os veciños e veciñas da provincia de Pontevedra a participar maña domingo nas concentracións, as doce do mediodía, nos seus respectivos concellos tal e como convocou a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). De feito, Carmela Silva participará, como unha veciña máis, maña en Vigo na concentración ante o concello de Vigo.

 

Por outra parte, a Presidenta cursou as instrucións necesarias para que as bandeiras do Pazo Provincial da Deputación permanezana media asta. A propia Deputación realizará o próximo luns un acto de solidariedade co pobo francés con tres minutos de silencio nas escalinatas do Pazo Provincial as doce do mediodía.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.