Mos
Surf en Patos para a mocidade mosense
A iniciativa está dirixida ós rapaces do municipio con idades comprendidas entre os 10 e os 17 anos e dividirase en dous grupos segundo o nivel
![[Img #21556]](upload/img/periodico/img_21556.jpg)
A concellería de Participación Cidadá que dirixe a edil Kely Monzón organiza unha actividade de surf para promover o ocio saudable entre os rapaces/as do municipio con idades comprendidas entre os 10 e os 17 anos.
No mes de xuño xa se realizara un curso de iniciación para os rapaces e as rapazas do Concello de Mos en idades comprendidas entre os 14 e 17 anos, e debido a boa acollida que tivo esta práctica e o grao de satisfacción dos participantes, renóvase a actividade lúdico-deportiva “SurfeaMos no Nadal”. O club deportivo Prado Surf escargarase da ensinanza teórica e práctica desta modalidade deportiva acuática.
O surf é unha actividade que pode practicarse ó longo de todo o ano, xa que o traxe de neopreno co que se practica, evita que o corpo esté en contacto directo coa auga para non sentir as baixas temperaturas.
As sesións terán lugar os días 22, 24, 28 e 29 de decembro, dividiranse en dous grupos segundo o nivel dos participantes na práctica do surf. O tempo de duración será de dúas horas por cada día de actividade, e desenvolverase na praia de Patos, situada na localidade de Nigrán.
O desprazamento correrá por parte do Concello, coa contratación dun autobús para os participantes menores desta actividade, que sairá as 10.00 horas dende a Casa Consistorial.
O custe por participante será de 30 euros nos que se inclúen: dúas horas de clase cada día (teoría e práctica), todo o material necesario (táboa, neopreno e accesorios), docencia personalizada (máximo 6 alumnos/as por monitor/a), licenza federativa, seguro de Responsabilidade Civil e de accidentes, instalacións con acceso directo á area e duchas de auga quente, e monitores/as titulados pola Federación Galega de Surf.
O prazo de inscrición está aberto ata o 17 de decembro no Rexistro Xeral ou na oficina da OMIX do Concello de Mos, ou a través do correo electrónico: omix@concellomos.es. A lista de admitidos publicarase o 18 de decembro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149