Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 16 de Noviembre de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

As Comunidade de Montes de Mos e Torroso reciben 3,3 millóns de euros de Xestur

[Img #21560]

 

A empresa pública Xestur ven de aboar máis de 3,3 millóns de euros polo incremento do valor de terreos expropiados para a execución do parque empresarial de Mos.

 

En concreto Xestur pagou 3.361.137,41 euros ás comunidades de montes en man común de Torroso e Mos, e pactou cos  expropiados o pago dos xuros correspondentes no primeiro semestre de 2016.

 

O pago do xustiprezo afecta a dúas parcelas expropiadas ás citadas mancomunidades, cunha superficie total de 352.903 metros cadrados.

 

O parque empresarial da Veigadaña, en Mos, promovido por Xestur cun investimento que supera os 50 millóns de euros, ten unha superficie total de 776.023 metros cadrados, dos que 392.939 metros cadrados corresponden a parcelas de uso industrial e comercial.

 

Actualmente en Mos están á venda 26 parcelas, cunha superficie total de 166.651 metros cadrados. Todas estas parcelas (excepto as que se poidan vender) incluiranse na oferta de adxudicación en dereito de superficie prevista por Xestur. Os adxudicatarios neste réxime pagarán un canon anual a partir de 2,28 euros por metro cadrado.

 

O canon a pagar polo dereito de superficie será do 1,5% do prezo de venda da parcela no segundo e terceiro ano (se o adxudicatario solicita o primeiro ano de carencia), 2,5% nos anos catro e cinco e 3,5% no sexto ano e sucesivos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.