Viernes, 16 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 17 de Noviembre de 2015 Tiempo de lectura:
Tui

Máis de 400 rapaces e rapazas do Baixo Miño participarán no Campionato de campo a través escolar

A proba disputarase no recinto deportivo da Macoca este sábado 21 de novembro, de 10h. a 13h.

[Img #21561]

 

Ó redor de 400 rapaces e rapazas do Baixo Miño participarán este sábado, de 10h a 13h, no Campionato de campo a través escolar, no recinto deportivo da Macoca, en Pazos de Reis. Esta proba deportiva está organizada polo Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, a través da Agrudebam, a Agrupación Deportiva Escolar do Baixo Miño, e coa colaboración do Concello de Tui e da Entidade Menor de Pazos de Reis.

 

Onte, no CEIP de Pazos de Reis, tivo lugar a presentación do torneo, no que compareceron o concelleiro de Deportes de Tui, Laureano Alonso, o concelleiro de Relacións Supramunicipais de Tui, Miguel Capón, o coordinador provincial de Deporte Escolar da Xunta de Galicia en Pontevedra, Guillermo Reinaldo, o presidente da Entidade Menor de Pazos de Reis, Enrique Pérez, o presidente da Agrupación Deportiva Escolar do Baixo Miño, Alfonso Lorenzo, e o director do CEIP de Pazos de Reis, Manuel Fálquez.

 

O concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, incidiu que esperan unha grande participación de nenos e nenas de todo o Baixo Miño no Campionato e agardou que a proba sexa un éxito total.

 

O presidente da Agrupación Deportiva Escolar do Baixo Miño, Alfonso Lorenzo, explicou que poderán participar oito categorías, Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete,  masculinas e femininas, comezando os Benxamíns ás 10h. e rematando os Cadetes ás 13h. As categorías marcarán a distancia a percorrer.

 

As inscricións poderán efectuarse na páxina de Agrudebam, http://www.agrudebam.es/21.html ata este mércores 18 de novembro. Haberá medallas para os 10 primeiros clasificados en cada categoría (agás baixa participación), e trofeos para os tres primeiros equipos. En canto ó avituallamento, os atletas participantes recibirán unha bolsa con bocadillo, auga e lácteo, así como un chocolate quente.

 

Para rematar, o coordinador provincial de Deporte Escolar da Xunta de Galicia en Pontevedra, Guillermo Reinaldo, apuntou que esta competición abre o calendario das probas de campo a través de Xogade, e trasladou o desexo de que todos os participantes desfruten da xornada deportiva.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.