Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 17 de Noviembre de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Vázquez Almuíña intermediará para que Mos traspase definitivamente en 2016 a titularidade do Centro de Saúde

O trámite final depende da FEGAMP e, unha vez feito, suporalle á administración local mosense un aforro de 50.000 euros anuais

[Img #21562]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, reuníronse onte en Santiago co novo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, para tratar o tema da titularidade do Centro de Saúde do Rebullón e que esta sexa definitivamente asumida polo Sergas no que respecta ás competencias económicas. O conselleiro adquiriu coas representantes municipais o compromiso de intermediar neste tema que non depende directamente da consellería senón da FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias).

 

Dende o ano 2006 hai aprobado pola FEGAMP un convenio de cesión para que todos os Concellos que así o desexen poidan cederlle os seus centros de saúde á administración autonómica e que estes pasen a mans da consellería de Sanidade; tal é o caso que se atopa tramitando o Concello de Mos. Son varios os centros de saúde de municipios galegos os que aínda quedan por transferir e entre eles está o de Mos.

 

A titularidade patrimonial do inmoble fóralle xa cedida pola administración local mosense ó Servizo Galego de Saúde a finais do pasado ano 2014, sendo aprobada definitivamente dita cesión na sesión plenaria ordinaria do 27 de novembro, con certificación do acordo do Pleno en data 2 de decembro.

 

As representantes mosenses trasladáronlle hoxe ó conselleiro a urxencia do trámite de recepción definitiva das instalacións sanitarias de atención primaria por parte da administración autonómica, tendo en conta os últimos actos vandálicos e roubos rexistrados nas instalacións do Centro de Saúde e que  gravaron ás arcas municipais cun considerable gasto. Sucesos que continuaron a repetirse ó longo dos últimos días e cuxa investigación se atopa en mans da Garda Civil.

 

Tanto Arévalo como Cebreiro insisten na necesidade de que o Sergas se faga cargo do mantemento do Centro de Saúde de Mos, mantemento que actualmente recae sobre o Concello, que ten que asumir tódolos gastos derivados do combustible para a calefacción, electricidade, limpeza: tanto no que se refire á compra de productos como persoal adicado ás tarefas de limpeza, etc. A rexedora local e a edil de Política Social manifestáronlle a Vázquez Almuíña durante o encontro de hoxe o  seu interese en que a administración autonómica pase a asumir canto antes o mantemento do Centro de Saúde que anualmente lle costa ó Concello de Mos unha media de 50.000 euros.

 

A competencia do mantemento do Centro de Saúde leva sendo tema de debate dende fai tempo no Concello de Mos, pero agora parece que o procedemento aproxímase ó seu fin sendo unha realidade a cesión patrimonial do inmoble ó Sergas e o compromiso do conselleiro para intermediar neste tema intentando que quede zanxado de cara ó vindeiro ano 2016.

 

A preocupación e o interese do Concello de Mos son os de poder deixar canto antes de facer fronte ós gastos derivados do mantemento do Centro de Saúde e que estes pasen xa a mans da consellería de Sanidade, que é sobre quen debe recaer a responsabilidade do mesmo, xa que os Centros de Saúde son competencia de Sanidade; e este foi o sentir que lle trasladaron Arévalo e Cebreiro ó novo conselleiro durante a xuntanza desta tarde.

 

Hospital Álvaro Cunqueiro

 

As representantes municipais abordaron ademais con Vázquez Almuíña o tema do novo hospital Álvaro Cunqueiro, “que tamén nos preocupa porque é o hospital dos e das mosenses”, declarou Arévalo, quen comprobou, xunto co conselleiro de Sanidade, que o transporte interurbán ata o novo hospital está xa optimizado e en marcha, solucionadas as incidencias iniciais, e que o concerniente ó aparcadoiro está a tratalo persoalmente o conselleiro coa empresa, en aras de poñerlle solución en breve.

 

A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, xunto co resto do equipo de goberno local, visitará mañá pola tarde as instalacións do Álvaro Cunqueiro acompañando ó conselleiro Jesús Váquez Almuíña.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.