Provincia
A Deputación de Pontevedra rende homenaxe ás vítimas do atentado de París
Carmela Silva destacou que “a liberdade, a democracia, os valores e principios dos dereitos humanos farán que gañemos ós terroristas”
![[Img #21569]](upload/img/periodico/img_21569.jpg)
A Deputación de Pontevedra gardou hoxe un minuto de silencio polas vítimas do atentado acontecido o pasado venres en París nun acto que rematou co himno nacional de Francia, a “Marseillaise”, tocado por un saxofonista.
A Presidenta da institución provincial, Carmela Silva, expresou a súa conmoción polo terrible atentado terrorista que sufriu París manifestando que “non hai palabras para expresar a dor que provocan asasinatos sen razón, a morte de inocentes que o único que piden é vivir en paz e poder seguir desenvolvendo a súa vida desde a liberdade e seguridade á que teñen dereito”.Ademais, Silva engadiu que as imaxes que vimos nos deixaron “unha sensación de angustia, de non poder comprender o que está acontecendo, que se escapa do mundo no que queremos vivir”.
Silva quixo tamén recordar a todas as outras vítimas do terrorismo do ISIS. Neste contexto, subliñou que “estou convencida de que a liberdade, a democracia, os valores e os principios dos dereitos humanos farán que gañemos a estes terroristas”. Asemade, a Presidenta da Deputación de Pontevedra, engadiu que “todos os dirixentes políticos estamos reclamando unidade e que haxa actuacións da comunidade internacional garantindo os dereitos humanos así como tomando medidas diplomáticas e políticas para facer fronte ós terroristas, porque precisamos restablecer canto antes a seguridade da cidadanía que ve con temor o que está acontecendo neste momento”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149