GALICIA
Medio Rural achega 1,7 M€ en axudas ás cinco denominacións de orixe de viño de Galicia
Estes fondos destínanse a financiar os gastos de funcionamento dos consellos reguladores, as actividades de promoción que levan a cabo e os programas de control da calidade agroalimentaria
A Consellería do Medio Rural achegará en 2015 ás cinco denominacións de orixe de viños de Galicia un total de 1,7 millóns de euros en concepto de axudas para a promoción da calidade agroalimentaria. Estes fondos destínanse a financiar os gastos de funcionamento dos consellos reguladores, as actividades de promoción que levan a cabo e os programas de control da calidade agroalimentaria.
Así o destacou este martes a conselleira Ángeles Vázquez na reunión que mantivo cunha representación das denominacións de orixe vitivinícolas da nosa Comunidade e que serviu tamén para reforzar as liñas de colaboración entre a Administración autonómica e as D.O. en materia de ordenación, fomento e promoción dos viños galegos.
A titular de Medio Rural, que estivo acompañada pola directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, salientou tamén que o seu departamento vai incrementar en 2016 nun 12% os orzamentos dedicados a apoiar o traballo dos consellos reguladores de todas as denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas galegas. Así, nas contas do departamento que dirixe Ángeles Vázquez destínanse un total de 3,4 millóns de euros a este fin, fronte aos 3,04 millóns de 2015.
Destas partidas, a que maior incremento rexistra nos orzamentos de 2016 é a referida ás axudas aos programas de control, que medra un 50%. Os fondos para promoción aumentan un 10% e a achega para gastos de funcionamento sube un 5,66%.
Datos económicos
A conselleira do Medio Rural salientou tamén os datos económicos das cinco denominacións de orixe de viño de Galicia (Ribeiro, Valdeorras, Ribeira Sacra, Rías Baixas e Monterrei). Así, sinalou que xeraron en 2014 un valor económico estimado en 153,8 millóns de euros, cunha produción de viño cualificado que acadou os 34,9 millóns de litros. Ademais, Ángeles Vázquez destacou que estas D.O. agrupan a un total de 16.371 viticultores e 448 industrias e que a superficie de viñedo amparada acada en conxunto as 9.559 hectáreas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149