Provincia
O delegado territorial da Xunta en Vigo visita as instalacións do Montecastelo
Ignacio López-Chaves felicitounos polos seus 50 anos de historia educativa na cidade de Vigo, que celebran o vindeiro ano.
![[Img #21605]](upload/img/periodico/img_21605.jpg)
O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitou esta semana o Colexio de Fomento Montecastelo invitado pola directiva do centro e por un colectivo de pais e nais de alumnos co obxectivo de presentarlle o programa que realizarán polo seu 50 aniversario, que se conmemora o vindeiro ano 2016.
Acompañado por José Manuel Rodríguez Lago e Catalina Núñez Gallego, director e directora do Montecastelo e As Acacias, respectivamente, o responsable da Xunta na cidade percorreu as instalacións do centro para coñecer a súa oferta educativa e aos alumnos que neses momentos estaban nas clases. No transcurso da visita, saudou tamén ao ´xefe de día´, alumno de Primaria que se atopa na entrada do colexio e que, para comezar a ter responsabilidades, encárgase de informar aos estudantes e ás visitas de todo o que sucede no centro na xornada que lle toca.
![[Img #21606]](upload/img/periodico/img_21606.jpg)
López-Chaves gabou así os bos resultados docentes e educativos que ano tras ano obtén o Colexio Montecastelo e felicitounos polos seus 50 anos de historia educativa na cidade de Vigo. Destacou tamén o seu esforzo polo aprendizaxe real do inglés impartido aos alumnos e, sobre todo, nas ensinanzas de Primaria, onde ao redor do 50% da xornada –incluíndo actividades extraescolares- se desenrolan neste idioma. Así, este colexio concertado conta co recoñecemento da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de ´Centro Plurilingüe´.
![[Img #21607]](upload/img/periodico/img_21607.jpg)
Ademais, dispón do resto de etapas educativas coma infantil (na sede de As Acacias), primaria, ESO e Bachillerato completando a súa oferta educativa con Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior cunha gran saída laboral coma son Instalacións Eléctricas e Automáticas, Sistemas Microinformáticos e Redes ou Automatización e Robótica Industrial. A maiores, ofertan formación complementaria con diversos cursos profesionais que melloran o currículo profesional dos interesados; cursos de adestrador de fútbol e, para este curso 2015/2016, teñen coma novidade a nova Escola de Porteiros ´Soloporteros´.
Con todo, o delegado da Xunta resaltou a súa educación personalizada e excelencia educativa avalada polos datos obtidos, por exemplo, nas probas de Selectividade, co 100% de alumnos aprobados así coma polas cifras do informe Pisa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149