Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 20 de Noviembre de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

Deputación organiza un proxecto de acción artística con motivo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

Co título de “Mulleres en acción: violencia zero” a Deputación de Pontevedra impulsa performances artísticas en Caldas, Cangas, Lalín, Moaña, Pontevedra, Redondela, Tomiño, Tui, Vigo e Vilagarcía.

[Img #21609]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto coa deputada delegada en igualdade, Isaura Abelairas, a comisaria da acción, Paula Cabaleiro, e as artistas participantes, deron a coñecer “Mulleres en acción: violencia zero”, un proxecto de acción artística contemporánea simultánea no espazo público de 10 concellos da provincia. En concreto, Caldas, Cangas, Lalín, Moaña, Pontevedra, Redondela, Tomiño, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa son os concellos nos que se organizarán performances para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero que é o 25 de novembro.

 

Carmela Silva destacou que “no que levamos de 2015 foron 48 as mulleres asasinadas polas violencias machistas polo que a través de “Mulleres en acción: violencia zero” a Deputación de Pontevedra quere reivindicar a igualdade de xénero e poñer o foco de atención no estado actual da violencia machista no noso país, impulsando e dando visibilidade, ademais, as artistas novas galegas, mulleres que ocupan un espazo moi relevante no mundo artístico e cultural e que, ademais, teñen un compromiso claro coa igualdade e loita contra as violencias machistas”.

 

A Presidenta engadiu que o proxecto quere “facer partícipe á cidadanía, que será co- creadora das pezas colectivas nos distintos espazos públicos, co obxectivo de impulsar a reflexión crítica social e incentivar a integración de mulleres e homes na loita contra unha realidade que nos afecta a todas e a todos”.

 

[Img #21608]
    
As performances serán retransmitidas en directo desde o perfil da Deputación de Pontevedra en Twitter, coa etiqueta #ViolenciaZero e mencións ós concellos e artistas participantes. Ademais, e dun xeito máis sumarial e con maior detalle,  irase publicando máis información en Facebook e nas outras redes sociais da institución provincial que recollerá o acaecido en cada acto celebrado nos concellos participantes. A Presidenta tamén subliñou que a partir de hoxe farase visible o blog creado para o proxecto https://mulleresenaccion25n.wordpress.com.

 

“Mulleres en acción. Violencia Zero” estará integrado polas accións artísticas de 11 creadoras galegas novas que realizarán oito propostas inéditas que reflexionan de xeito crítico sobre a problemática da violencia de xénero. Desta forma, a axenda prevista para o 25 de novembro é a seguinte:

 

  • Pontevedra (#Pontevedra): Ana Gesto (@anagesto1) intervirá ás 12:00 horas na Praza da Peregrina coa súa acción “Nin unha menos”.

 

  • Vigo (@xuventude_vigo/ #Vigo): Carme Nogueira (@carmenogueira) dará a coñecer ás 19:00 horas na Rúa do Príncipe o proxecto “Not for sale: feminism and art in the USA during the 1970s”.

 

  • Cangas (@cangasdomorrazo): Rosa Neutro intervirá ás 12:30 horas na fachada do Concello e ás 19:00 no Centro Municipal de Benestar coa súa acción “Empatía”.

 

  • Moaña (@concellomoana): Mery Pais difundirá “O perfecto imperfecto” ás 12:00 horas na Praza de Abastos.

 

  • Vilagarcía de Arousa (@VGAarousa/ #Vilagarcía): Adriana Pazos e Iria Acevedo (@auladeideas) darán a coñecer “Cogombros en vinagre” ás 13:00 e 19.30 horas no Salón de Plenos do Concello.

 

  • Redondela (#Redondela): Ánxela Blanco (@AnxelaBlanco) presentará ás 12:00 no Concello “Penélopes”.

 

  • Tui (@ConcelloTui/ #Tui): Neves Seara dará a coñecer “Amante de sal” ás 12:00 horas na Praza da Catedral.

 

  • Caldas de Reis (#Caldas): Paulova (@soyPaulova) presentará “Merengue” ás 12:00 horas no Paseo Román López.

 

  • Tomiño (@TominoCultura / #Tomiño): Laura Piñeiro (@laurapineirocom), durante todo o día, dará a coñecer “Estrategias para el desvelo” na Praza do Concello.

 

  • Lalín (@ConcelloDeLalin/ #Lalín): Mónica Mura (@monicamura) presentará “Ámame, non me ama” ás 12:00 horas na Praza da Igrexa e ás 19:00 horas no Centro Comercial.


A maiores das actuacións artísticas, realizaranse dous actos centrais en Pontevedra ás 12:00 na Praza da Peregrina e en Vigo ás 19.00 en Urzáiz. Durante estes actos, haberá sendas comunicacións vía Skype co resto dos Concellos nos que se están a realizar as performances, co obxectivo de unir forzas e visualizar as diferentes accións nas distintas localidades, e así, desde Pontevedra contactarase con Tomiño, Caldas, Tui, Moaña, Lalín, Redondela, Vilagarcía de Arousa e Cangas e desde Vigo con Tomiño, Cangas, Lalín e Vilagarcía de Arousa.  En Vigo proxectarase, ademais, un resumo de cómo transcorreu a acción simultánea ó longo da xornada nos distintos concellos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.