Provincia
Preto de 500 persoas participan esta fin de semana no programa “Coñece a túa provincia” da Deputación de Pontevedra
“Coñece a túa provincia” executarase ata o 31 de decembro de 2015.
Dentro do marco do programa “Coñece a túa provincia”, que a Deputación de Pontevedra impulsa a través dos servizos sociais desde o ano 2008, esta fin de semana preto de 500 persoas poderán descubrir, a través de diversas rutas, a provincia de Pontevedra.
O programa “Coñece a túa provincia” contribúe á dinamización económica e social da provincia de Pontevedra ó tempo que impulsa o enriquecemento cultural, o fomento da convivencia e asociacionismo e pon en valor os principais recursos turísticos da provincia, promovendo así ó seu desenvolvemento económico.
Participan no programa entidades de iniciativa social da provincia de Pontevedra (maiores, mulleres, mozos, persoas con diversidade funcional, veciños, familias e menores) que, a través dunha xornada de convivencia que inclúe traslados en autocar, guías informativas, seguro de viaxe, manutención e visitas, percorren lugares emblemáticos das Rías Baixas. Así, as entidades poden elixir entre 18 rutas que abranguen desde os edificios da Deputación de Pontevedra ata concellos como A Estrada, A Guarda, Arbo, Baiona, Barro, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Cangas, Cerdedo, Covelo, Cuntis, Forcarei, Lalín, Meaño, Meis, Mondariz, Mondariz-Balneario, Nigrán, O Grove, Poio, Portas, Redondela, Ribadumia, Salvaterra do Miño, Sanxenxo, Silleda e Vigo.
Esta fin de semana participarán sete asociacións e preto de 500 persoas de Marín (AA.MM. Virxe do Porto – Cantodarea), Mos (CELADO), Salceda de Caselas (Asociación Cultural A Feira), Sanxenxo (Asociación de Jubilados e Pensionistas San Estevo de Noalla) e Vigo (Asociación de Vecinos “As Fontes” Vilar – Lavadores e Asociación de Personas Sordas de Vigo).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149