Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 22 de Noviembre de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

A Deputación de Pontevedra organiza un taller para a busca de emprego no marco do programa Depoemprega 2015

O “Taller de actitudes e habilidades sociais para a busca de emprego hoxe”, que terá lugar o día 23 de novembro na sede de Vigo da Deputación de Pontevedra e o 24 de novembro no auditorio de Vilagarcía de Arousa, está dirixido ás persoas beneficiarias do programa Depoemprega 2015.

Dentro do programa integrado para o emprego Depoemprega 2015, promovido pola Deputación de Pontevedra, terá lugar, o vindeiro 23 de novembro na sede de Vigo da institución provincial e o 24 de novembro no Auditorio de Vilagarcía de Arousa, o “Taller de actitudes e habilidades sociais para a busca de emprego hoxe. Esta actividade, dirixida ás persoas beneficiarias do programa Depoemprega 2015 dos concellos de Bueu, Cangas, Ponteareas, Tui, O Grove, Vilagarcía de Arousa e A Estrada, será impartida por Pedro Rodríguez e ten por obxectivo impulsar a formación transversal de cara a dotar de ferramentas e habilidades sociais para facer unha busca de emprego eficaz.


A Deputada delegada en materia de emprego da Deputación de Pontevedra, Montse Magallanes, será a encargada de dar a benvida ás persoas beneficiarias desta primeira actuación que ten por obxectivo mellorar a empregabilidade e poder alcanzar o obxectivo final do programa, que é a inserción laboral de, a lo menos, un total de 50 persoas. Para elo, coa finalidade de adaptar as accións ás características individuais das persoas seleccionadas, o equipo técnico do programa está a traballar no deseño dos itinerarios personalizados de inserción, despois de manter entrevistas individuais con cada un das persoas beneficiarias.


A aposta polo emprego do novo goberno da Deputación de Pontevedra materializouse coa posta en marcha, desde o pasado mes de setembro, do Servizo de Promoción de Emprego e Desenvolvemento Local que aglutina accións de formación e inserción laboral coa finalidade de paliar as necesidades das persoas máis vulnerables de cara a integración sociolaboral e loitar contra a exclusión social.

 

Ademais do programa “Depoemprega 2015”, iniciado o pasado mes de outubro e con remate previsto para agosto de 2016, o Servizo de Emprego da Deputación de Pontevedra está a levar a cabo as actividades propias dos técnicos de emprego así como a organizar o programa Erasmus+ “Practicum Depo 2015” e un obradoiro de emprego na especialidade de atención sociosanitaria dirixido a mozas e mozos menores de 25.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.