Ponteareas
O Concello habilita un correo para recibir información e propostas para a redacción do Plan
Os profesionais liberais propoñen medidas para o Plan de Modernización do Concello.
Os profesionais liberais reunidos este pasado xoves co Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, coincidiron co goberno local ao sinalar que o funcionamento da administración local resulta “en moitos aspectos caótico, desorganizado e descoordinado e, polo tanto, manifestamente mellorable”.
O medio cento de asistentes, entre eles avogados, enxeñeiros, aparelladores, representantes de asesorías e inmobiliarias ou proveedores do concello, foron debullando con numerosos exemplos os problemas cotiáns cos que se atopan nas súas relacións profesionais coa administración municipal. Entre eles citaron o extravío de documentos de expedientes, a inexistencia de claves de identificación dos mesmos, o retraso na súa resolución ou a imposibilidade de realizar xestións telematicamente. Os profesionais propuxeron medidas para mellorar o funcionamento do Concello como ampliar o horario do rexistro xeral até as 14 horas, poñer en marcha a administración electrónica para realizar xestións e pagos telematicamente, reforzar a área de asesoría xurídica e oficina técnica con máis persoal e máis espazo físico, mellorar servizo de contratación de servizos e subministros simplificando a burocracia coas empresas proveedoras, dotarse de bases de datos dos expedientes municipais e proceder a súa dixitalización ou establecer métodos de avaliación do grado de satisfacción dos administrados co funcionamento dos servizos e a atención que reciben.
Na reunión, á que tamén asistiron Chus Garrote, primeira tenente de alcalde, e Cristina Fernández, concelleira de participación cidadá e réxime interior, Represas agradeceu aos profesionais toda a información facilitada sobre disfuncións no funcionamento do concello “porque nos permitirán facer un diagnóstico real da situación e acertar nas medidas e solucións a implementar co Plan de Modernización da Administración Local de Ponteareas”.
Represas informou da apertura dunha canle de comunicación cos profesionais e resto dos cidadáns para recoller información sobre deficiencias no funcionamento da administración local e propostas de mellora. A través do correo electrónico plandemodernizacion@ponteareas.gal todos os profesionais e cidadáns en xeral poderán facer chegar as súas informacións e opinións antes da redacción e aprobación do Plan.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149