GALICIA
A Policía Autonómica imputa aos presuntos autores de dous incendios en Pontedeume e Rodeiro
No que levamos de ano, a Policía Autonómica leva imputadas xa a 70 persoas por delitos relacionados cos incendios forestais
Axentes da Policía Autonómica da Xefatura da Coruña informaron esta mañá da imputación dun veciño de Pontedeume, como presunto autor dun incendio forestal neste concello da provincia da Coruña.
O lume que se lle imputa tivo lugar na parroquia de Santa María de Ombre, concello de Pontedeume, o pasado día 17 de novembro, coma consecuencia dunha queima non autorizada, de restos de poda de eucalipto, esparexidos polo monte, que afectou a unha superficie de 200 metros cadrados de monte raso. Na extinción do incendio participou o Servizo do Distrito Forestal I de Ferrol. Polos feitos tramitáronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución en funcións de garda de Betanzos.
Por outra banda, axentes da Xefatura de Santiago, investigaron como presunto autor dun incendio forestal a un veciño do concello de Rodeiro, en Pontevedra, por un lume acontecido no lugar de Caxide. O incendio produciuse como consecuencia dun escape de queima de restos forestais, para o que o investigado non solicitou o correspondente permiso, nin tomou as medidas de seguridade pertinentes.
Dita queima afectou a 2.000 metros cadrados de monte raso, grazas á rápida intervención dos medios de extinción do distrito XVI, da Xunta, impediron que o lume se propagase ás vivendas próximas e adquirira maiores proporcións e perigosidade. Para a investigación do lume contouse coa colaboración da Brigada de Investigación de Incendios Forestais (B.I.I.F.) da consellería do Medio Rural. Polos feitos instruíronse Dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Instrución en funcións de garda de Lalín.
Na actual campaña, a Policia Autonómica leva detidas ou imputadas a 70 persoas coma presuntas autoras de incendios forestais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149