GALICIA
Catro ciclistas resultaron feridos noutros tantos accidentes rexistrados en Gondomar, Ponteareas, Cerceda e O Rosal
Catro persoas que circulaban en bicicleta por diferentes puntos da rede viaria galega sufriron esta tarde accidentes de tráfico, ben por mor dunha colisión con outro vehículo, ben por mor dunha caída. Foi, precisamente iso, o que aconteceu en Gondomar arredor das 12:30 horas de hoxe. Un ciclista sufriu unha caída e sospeitan que poida ter a clavícula rota. Segundo relatou un particular ao persoal do 112 Galicia, o accidente se produciu na Rúa Edualyen e ata ese lugar se desprazou unha ambulancia de Urxencias Médicas, os axentes da Policía Local e os membros do GES do Val Miñor.
No outro extremo, na provincia da Coruña, outra persoa que circulaba en bicicleta foi evacuada polos servizos sanitarios de urxencia ao Hospital Universitario da Coruña para ser atendida das lesións provocadas por un choque con un turismo na AC-413, en Cerceda. Tras recibir a alerta ás 14:00 horas, o persoal do 112 Galicia informou, ademais dos técnicos de Urxencias Médicas, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Cerceda.
Por último, de novo na provincia de Pontevedra, outro ciclista tivo que ser atendido despois de ser alcanzado por un turismo. Sucedeu na Rúa Concha, en Ponteareas, ao fío da unha do mediodía. Tamén, no Rosal, un cuarto ciclista foi atropelado na estrada do Castro. Eran as 15:30 horas de hoxe.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149