O Porriño
Volve a campaña “Venres por 15%” de ACIPOR
![[Img #21694]](upload/img/periodico/img_21694.jpg)
O vindeiro venres 27 de Novembro volta a campaña “VENRES x 15%” lanzada por ACIPOR. Unha iniciativa de promoción comercial que se desenvolve os últimos venres de cada mes no que os establecementos adheridos realizará un importante desconto do 15% aos consumidores que ese día realicen as súas compras.
“VENRES x 15%” representa un novedoso formato de promoción comercial, similar aos Black Fridays do marketing anglosaxón, que pretende potenciar as vendas dos establecementos adheridos á campaña cun importante desconto durante un día sinalado cada mes, incentivando con elo a actividade comercial.
A campaña, que deu comezo no mes de Outubro, ten vocación de permanencia e xa está a suscitar apoios entre os comerciantes, que se van sumando á mesma progresivamente, ampliando os servizos ofertados, co obxectivo de impulsar no comercio do Porriño gañar relevancia metropolitana con este atractivo que agardan consolidar e “por de moda” para que os consumidores poidan beneficiarse deste importante desconto.
Sector confección, sector complementos, zapatería, roupa deportiva, xoiería, etc… son algúns dos sectores que participarán nesta campaña que xa ten máis de 31 establecementos adheridos á campaña.
Os interesados poden consultar os establecementos adheridos visitando a web do Centro Comercial Aberto Morea www.ccamorea.es

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149