GALICIA
Mato apela ao "consenso" na tramitación da Lei do Solo
A conselleira de Medio Ambiente interveu onte no Pleno do Parlamento, onde apostou por unha Galicia ordenada, sostible e capaz de crecer, ao tempo que respecta o patrimonio, valores naturais e a paisaxe.
![[Img #21713]](upload/img/periodico/img_21713.jpg)
A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, apelou onte no Pleno do Parlamento a acadar o máximo consenso para un texto normativo que considerou dos máis importantes da actual lexislatura e que nace con vocación de futuro e de permanencia. Destacou que a nova Lei do solo está dirixida a protexer e mellorar o territorio galego facéndoo compatible co seu aproveitamento, ao que engadiu que -con esta lei- garantirase que ningún concello de Galicia quede sen un planeamento urbanístico actualizado, ao tempo que dará resposta ao desafío de facer do rural galego un medio vivo e protexido.
O Goberno galego "busca favorecer o aproveitamento do rural compatible coa preservación dos seus valores, sen poñelos en perigo", “unha premisa básica que recolle a Lei” sinala a responsable autonómica de Ordenación do Territorio
O desexo do Goberno galego é contar cunha Galicia ordenada, sostible, capaz de crecer e de ser competitiva, ao tempo que respecta o seu patrimonio, os seus valores naturais e a súa paisaxe. Nese sentido, a nova lei ten un “plus de relevancia” por tres razóns: incide directamente sobre a protección da paisaxe, que é algo que afecta a todos; está concibida para ser unha norma a longo prazo ao establecer o marco urbanístico en Galicia para os próximos anos; por último, dará resposta a un consenso político e social, explicou a conselleira de Medio Ambiente.
A nova Lei garantirá que os 314 concellos galegos teñan o planeamento que necesitan e perdurable no tempo; grazas á figura dos plans básicos, unha das grandes novidades deste texto
O obxectivo último da Xunta é contar cunha lei de todos os galegos e para todos os galegos, por esa razón fíxose un profundo exercicio de simplificación e clarificación do texto, co que se acadou unha lei máis práctica e simple. A modo de exemplo recordou que o número de artigos reducíronse nun 32% con respecto a anterior LOUG.
Ordenación, desenvolvemento do rural e protección da paisaxe
“A ordenación do territorio de Galicia, promover e facilitar o desenvolvemento do medio rural e garantir a máxima protección da paisaxe galega” son obxectivos esenciais que se pretenden consolidar con esta nova Lei do solo, enumerou a responsable de ordenación.
Mato reitera que a Xunta quere completar o proceso de participación e diálogo nesta última fase de tramitación, polo que todas as propostas dos grupos que “teñan como obxectivo sumar serán benvidas”
En relación co primeiro dos obxectivos, pretendese atender ás demandas de planificación urbanística, conseguindo que ningún concello de Galicia careza dun planeamento actualizado e de calidade. Así, a nova Lei garantirá que os 314 concellos teñan o planeamento que necesitan e perdurable no tempo, grazas á figura dos plans básicos –unha das grandes novidades desta lei-, tanto do Autonómico e como do Municipal, e á axilización de informes e trámites, como o informe único autonómico, que se emitirá nun prazo máximo de 3 meses e será a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo a encargada de recompilar o conxunto de informes sectoriais.
A Xunta establecerá un rexistro de plans de ordenación para que se arroxe luz e transparencia sobre a situación urbanística de Galicia e para que os cidadáns conten con información accesible sobre onde e como medrar en Galicia.
A conselleira de Medio Ambiente afirmou que Galicia “foi, é e será unha comunidade eminentemente rural”, polo que para isto continúe así hai que afrontar dous retos esenciais: conseguir que o rural galego sexa un medio rural vivo e ao mesmo tempo garantir que estea protexido ao máximo, aclarou.
O Goberno galego busca favorecer un aproveitamento do rural compatible coa preservación dos seus valores, sen poñer en perigo os valores propios do rural- “unha premisa básica que recolle a Lei”, matizou a conselleira, ao que engadiu que “non hai ningún solo máis desprotexido que o que está abandonado, polo tanto tamén hai que loitar con isto”.
Destaca o traballo “de moitos” anos do actual Goberno a prol da mellora e actualización da ordenación, xa que previamente á Lei do solo aprobáronse as Directrices de Ordenación do Territorio e o Plan de Ordenación do Litoral
En relación coa protección da paisaxe, a conselleira reiterou que a Lei pon o interese xeral que supón a paisaxe por riba de calquera interese privado ou particular; e aclarou que coñecer e preservar a paisaxe galega “é cousa de todos”, polo que insistiu na idea de corresponsabilidade en materia de ordenación do territorio e protección da paisaxe. Apuntou que alcanzar un alto grado de sensibilización e concienciación social nesta materia será o primeiro paso para cumprir os obxectivos.
Así, a lei establece o marco necesario para que as construcións se adapten ao contorno –“e non ao revés”, aclarou-, grazas ao fomento da recuperación do xa construído fronte a novas estruturas e reforza a obriga de rematar exteriormente as construcións, poñendo fin ao deterioro das paisaxe galega.
Diálogo e consenso permanente
A conselleira de Medio Ambiente destacou que a Lei do solo é unha norma que foi desenvolvida co máximo consenso, xa que só deste xeito se conseguirá cumprir o obxectivo de perdurabilidade a longo prazo.
Sinalou que dito consenso buscouse dende os primeiros pasos, coa apertura dun proceso de participación no que se mantivo un diálogo con 75 axentes sociais e a celebración de 30 encontros sectoriais. É dicir, “todos aqueles que quixeron realizar achegas ao texto puideron facelo” e esa participación resultou ser moi frutífera, xa ao texto que hoxe se presenta no Parlamento se incorporaron un 80% das alegacións que se achegaron.
Mato Otero engadiu que “hoxe se completa o proceso de diálogo” escoitando as achegas que poidan apostar os grupos parlamentarios, polo tanto todas aquelas propostas que teñan como obxectivo sumar serán benvidas.
A titular de Medio Ambiente destacou o traballo realizado polo Goberno galego nos últimos anos a prol da mellora e actualización da ordenación do territorio galego, grazas á aprobación en 2011 das Directrices de Ordenación do Litoral e do Plan de Ordenación do Litoral.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149