PROVINCIA
A Deputación de Pontevedra outorga a través do Plan Concellos 40 millóns de euros a 60 municipios
O novo plan da institución provincial, destinado ós concellos da provincia con poboación inferior a 50.000 habitantes, incrementa en 16 millóns de euros os fondos que recibirán os concellos con respecto ó ano pasado.
![[Img #21712]](upload/img/periodico/img_21712.jpg)
O Plan Concellos 2016, destinado a aqueles concellos da provincia con poboación de ata 50.000 habitantes, dótase dun importe fixo de 40 millóns de euros, 16 millóns máis que durante o ano anterior. Os concellos de Pontevedra e Vigo, por superar os 50.000 habitantes, non se beneficiarán do plan pero contarán con convenios propios para poder realizar os seus investimentos.
O procedemento de outorgamento das subvencións enmarcadas no Plan Concellos é o de réxime de concorrencia non competitiva, "desaparecendo a libre disposición dos recursos coa que contaba o ex presidente e mediante a cal, de forma arbitraria, caciquil e clientelar subvencionábase, por decisión unipersonal, ós concellos gobernados polo Partido Popular" segundo explican nun comunicado feito público polo organismo provincial.
"Elimínase a libre disposición que o anterior presidente empregaba como un instrumento de reparto arbitrario, clientelar e caciquil dos recursos públicos entre os seus municipios amigos, todos eles gobernados polo Partido Popular"
O Plan Concellos está dotado cun importe total de 40 millóns de € dos cales, 16 millóns se repartirán de forma lineal entre os concellos da provincia, de xeito que a cada un lle corresponde unha cantidade fixa de 266.666,67 €. A cantidade restante, 24 millóns de €, repartiranse atendendo a tres criterios: a poboación de cada concello (o 60%), a súa superficie (20%) e os seus núcleos de poboación (20%). Así, os concellos de menos de 10.000 habitantes contarán con 7,2 millóns de €, os que teñan entre 10.000 e 20.000 habitantes 9,6 millóns e os que conten con entre 20.000 e 50.000 habitantes recibirán 7,2 millóns de €.
Os concellos, que xa coñecen as cantidades que lle corresponden, poderán libremente determinar a elección dos investimentos e actuacións que desexen realizar atendendo ás seguintes liñas:
- Liña 1: Investimentos relacionados coas materias que os municipios han de exercer como competencias propias ou atribuídas por delegación, que poderán ser financiados na súa integridade pola Deputación ou cofinanciados entre o propio concello, a Deputación e/ou outra administración. Neste eido, non se subvencionan investimentos con orzamento inferior a 20.000 € (IVE engadido) agás subministracións que constitúan un investimento por si mesmas. A redacción dos proxectos deberá ser asumida polos concellos que, de non poder asumilo, terán que motivalo expresamente.
- Liña 2: Amortización, pagamento de débedas e gastos correntes. Nesta liña inclúense a amortización do endebedamento con entidades financieiras, o pagamento de débedas a acredores de investimentos, o pagamento de débedas a acredores de gastos correntes e o gasto corrente novo.
- Liña 3: Actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e actividades medioambientais. Nesta liña outórganse subvencións a actividades que realicen directamente os concellos, cun orzamento mínimo de 1.000 € (IVE engadido), que se realicen entre o 1 de xaneiro e 31 de decembro de 2016 e enmarquen nas seguientes: desenvolvemento cultural, educativo e social; no desenvolvemento e promoción do deporte na provincia; no desenvolvemento no ámbito social (paliar situacións de emerxencia social, mellora dos servizos sociais comunitarios, igualdade, axuda no fogar, loita contra a violencia de xénero, inclusión social, atención á dependencia, infancia e xuventude, maiores e calquera outra área ou sector dos servizos sociais); no desenvolvemento turístico do municipio, dos seus recursos turísticos e promoción así como no desenvolvemento e sensibilización medioambiental e educativo.
- Liña 4: Emprego para conservación e funcionamento de bens e servizos municipais. Esta liña permitirá subvencionar a contratación de persoas desempregadas, en réxime de xornada parcial ou completa segundo as necesidades dos concellos, para a prestación de servizos mínimos de competencia municipal entre o 1 de xaneiro e 31 de decembro de 2016. O número máximo de traballadores ven definido por criterios de poboación e así, os concellos con menos de 2.000 habitantes poderán contratar 14 traballadores, os que teñan entre 2001 e 5.000 ata 20, os que teñan entre 5001 e 10.000 ata 24, os que teñan entre 10.0001 e 20.000 ata 30 e os que teñan entre 20.001 e 50.000 ata 34.
As axudas comprenden o custo salarial e a cotización á seguridade social de persoas desempregadas. Para a selección dos traballadores daráselles preferencia (por este orde) ás vítimas de violencia de xénero, ós candidatos maiores de 45 anos, ós que formen familia monoparental con fillos ó seu cargo, ós que teñan niveis de renda máis baixa e ós que teñan cargas familiares.
Cada concello pode solicitar para a liña 1 desde un mínimo do 58,75% ata o 100% da contía máxima que lle corresponda con cargo ó plan. Para as liñas 2, 3 e 4, cada concello poderá destinar unha porcentaxe máxima sobre a contía individual asignada de tal forma que na liña 2 poderá destinar un 15%, na liña 2 un 3,75% e na liña 4 un 22,5% . No caso de que non se solicitase o 100% dos importes máximos destinadas ás liñas 2, 3, 4 o importe restante non concedido incrementará o importe dispoñible para conceder con cargo á liña de subvención 1 ata o límite máximo para o conxunto do plan. Sen embargo o importe da liña 1 non se poderá destinar ás liñas 2,3,4.
Os concellos interesados, deberán formular a súa solicitude, nos modelos normalizados que se facilitarán no rexistro xeral da Deputación de Pontevedra, na súa sede de Vigo, no servizo de cooperación ou na páxina web.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129