Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 26 de Noviembre de 2015 Tiempo de lectura:
TUI

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar nos contacontos para bebés de Pavís Pavós

Xa está aberto o prazo de inscrición para a sesión de contacontos para bebés Pavís Pavós, organizada pola concellería de Cultura, que terá lugar o vindeiro 11 de decembro ás 17 h. na Biblioteca Pública de Tui. A entrada é de balde.

 

O contacontos trátase dunha sesión na que os participantes escoitarán pequenas historias apropiadas para as primeiras idades, historias que falan das cousas cotiás enlazadas con ditos e cancións tradicionais e algunha composta especialmente para esta función. As cores, as formas, os sons, o xogo e o ritmo conforman o seu eixo.  

 

Esta sesión está dirixida ós bebés que poderán seguila dende o colo da súa nai, pai ou adulto que os acompañe e tamén a calquera cativo de até os 4 anos que poderá gozar igualmente destas pequenas historias e xogos.  

 

Poderase formalizar a inscrición na Biblioteca, por correo electrónico biblioteca@concellotui.org ou ben chamando por teléfono ó 617 49 81 03. En total hai 20 prazas dispoñibles para nenos e nenas, de 0 a 4 anos de idade. A duración da obra é de 90 minutos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.