Ponteareas
Pilar de Lara investiga ao Concello de Ponteareas no marco da Operación Pokemon
Axentes de aduanas incautáronse hoxe de numerosa documentación relacionada cos contratos coa empresa Aquagest desde 1989 até 2014
![[Img #21705]](upload/img/periodico/img_21705.jpg)
Dous axentes de vixiancia aduaneira, seguindo as instruccións da maxistrada do Xulgado de Instrucción nº1 de Lugo, Pilar de Lara, visitaron esta mañá as dependencias municipais do Concello de Ponteareas requerindo numerosa documentación relativa aos contratos coa empresa Aquagest desde 1989 até 2014. A investigación enmárcase na coñecida como Operación Pokemon, que no caso de Ponteareas, engádese agora á Operación Patos na cal a Policía Xudicial se incautou tamén no seu día de numerosa documentación.
O alcalde Xosé Represas agarda “que se depuren as responsabilidades dos anteriores gobernos”
Os axentes levaron varias caixas de documentación relacionadas con expedientes, facturas e contratos que os anteriores gobernos municipais asinaron coa empresa concesionaria do servizo municipal de depuración de augas residuais e da estación de tratamento de auga potable.
Dende o Concello de Ponteareas emitiron hoxe un comunicado no que explican que “no marco da investigación xudicial dirixida pola xuíz De Lara, no seu día destapouse a presunta entrega de agasallos por parte de Aquagest ao ex alcalde Salvador González Solla. A empresa concesionaria, tras obter directamente a xestión da ETAP tería pagado presuntamente os gastos do exalcalde e cinco persoas máis en Madrid durante unha fin de semana. Ademais, tanto González Solla como a ex concelleira de Facenda, Belén Villar, foron acusados pola policía xudicial da comisión de diferentes presuntos delictos no marco da Operación Patos” segundo explican na nota de prensa emitida hoxe.
Pola súa banda o actual alcalde alcalde, Xosé Represas, explicou que “o actual goberno municipal está dando todas as facilidades á xustiza e aos funcionarios de policía na súa investigación, entregando toda a documentación que precisan”, engadíu que “lamentablemente a actuación do anterior goberno está manchando e danando a imaxe de Ponteareas” e amosou a súa esperanza en que “se depuren todas as responsabilidades”. O alcalde salientou que “o actual goberno está comprometido na loita contra a corrupción e aprobou recentemente unha ordenanza de transparencia que é unha garantía de que actuacións como as que agora se investigan non volten suceder nunca en Ponteareas”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149