Mos
A Xunta oferta solo industrial en réxime de dereito de superficie a cambio dun canon anual desde 38 céntimos m²
Poranse á disposición das empresas interesadas 2 millóns de m² de solo correspondentes a 587 parcelas de 29 parques de Xestur
![[Img #21715]](upload/img/periodico/img_21715.jpg)
As empresas poderán solicitar a partir do 1 de decembro solo industrial en réxime de dereito de superficie a cambio dun canon anual simbólico por metro cadrado, desde os 38 céntimos por metro cadrado ao ano. Así o trasladou onte a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, que mantivo unha reunión de traballo con representantes e empresas que integran a Asociación de Empresarios de Mos, AEMOS. Na xuntanza tamén participaron o director do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García, o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, ea alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.
Vázquez explicoulles aos empresarios que de maneira inmediata vanse poñer á disposición dos emprendedores 2 millóns de m² de solo industrial correspondentes a 587 parcelas propiedade de Xestur en dereito de superficie: deles, case 365.000 m² e 71 parcelas corresponden a parques que Xestur ten na provincia de Pontevedra: Mos, Arbo, Silleda, Lalín, A Reigosa.
A conselleira subliñou que a intención do seu departamento é estender esta modalidade de adxudicación tamén ás parcelas do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) no primeiro trimestre de 2016.
A responsable autonómica de Vivenda destacou que estes incentivos no acceso ao solo industrial teñen como obxectivos impulsar a implantación de novas empresas na comunidade e atraer investimentos para poder competir con Portugal.
Ethel Vázquez indicou que o Goberno galego está a centrar a política de solo empresarial en poñer á disposición dos emprendedores o solo necesario para que poidan instalar ou expandir os seus proxectos industriais, ofrecéndollo nas condicións máis vantaxosas posibles.
A titular de Infraestruturas salientou que as bonificacións no prezo do solo empresarial aplicadas este ano tiveron grandes resultados e, ademais, o pasado 5 de novembro o Consello da Xunta establecía novas condicións para acceder ao solo empresarial, poñendo á disposición dos empresarios a concesión de parcelas en réxime de dereito de superficie.
Trátase dunha fórmula novidosa pola que os adxudicatarios poderán construír as instalacións necesarias e desenvolver o seu proxecto na parcela a cambio do pago dun canon anual, un prezo simbólico, algo semellante a un aluguer. Con esta medida refórzanse os incentivos para a instalación de empresas en Galicia ofertando solo industrial desde 38 céntimos de euro ao ano por metro cadrado.
Parque empresarial de Veigadaña
A conselleira puxo como exemplo o parque empresarial de Veigadaña, en Mos, para explicar as vantaxes das iniciativas da Xunta en canto ao acceso ao solo industrial.
![[Img #21717]](upload/img/periodico/img_21717.jpg)
Vázquez indicou que unha parcela do polígono de Veigadaña de 2.000 metros cadrados cun prezo de 360.000 euros poderá ser adxudicada en réxime de dereito de superficie a custe cero no primeiro ano (se o empresario solicita o ano de carencia); cun custo de 5.400 euros no 2º e 3º ano; pagando 9.000 euros no 4º e 5º ano; e unha media 12.600 euros/ano no 6º exercicio e sucesivos. No caso de que haxa unha empresa interesada nunha parcela moito máis grande, por exemplo de 16.730 m2, cuxo custo de venda aproximado ascende a 2,4 M€, o empresario poderá acceder a ela en dereito de superficie, tamén a custe cero no primeiro ano; arredor de 35.400 euros durante o 2º e o 3ª ano; preto de 60.000 euros nos dous seguintes exercicios; e 82.600 euros no 6º ano e posteriores.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149