Mos
Mos acolle a Mesa Local sobre Violencia de Xénero
En conmemoración do Día Internacional contra esta lacra social, o municipio mosense busca nesta Mesa as claves da igualdade entre sexos
![[Img #21736]](upload/img/periodico/img_21736.jpg)
Hoxe, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, tivo lugar no salón de actos da Axencia de Colocación de Mos a Mesa Local sobre Violencia de Xénero constituída por profesionais dos ámbitos xurídico, social, sanitario, educativo, policial, etc. Tamén se invitou a participar a outros profesionais que estean traballado neste tema.
Estiveron presentes no acto a concelleira de Política Social mosense, Sara Cebreiro, a edil de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, as Traballadora Social e Psicóloga municipais, o Traballador Social dos Centros de Saúde de Mos e O Porriño, representantes da Policía Local, da Garda Civil e da Asociación de Mulleres Rurais Val da Louriña, un representante do Centro de Emerxencias para Mulleres en Situación de Violencia de Xénero e representantes da Corporación Municipal.
O punto principal da orde do día foi unha conferencia por parte de Silvia Pérez Freire, socióloga e investigadora social especializada en violencia de xénero, sobre o tema “As mulleres estranxeiras ante a violencia de xénero”. Pérez Freire tamén presentou o proxecto “Speak Out for support SOS – VICS” (guía de boas prácticas para o traballo como intérprete en contextos de violencia de xénero), proxecto centrado na formación de intérpretes cuxa especialidade é o traballo con vítimas estranxeiras de violencia de xénero. A ponente foi a responsable do traballo de campo deste proxecto.
Silvia Pérez Freire é socióloga e Profesora Asociada da Universidade de Vigo dende o ano 2007 ata o ano 2013. Dirixiu durante 5 anos o Centro de Día e a Unidade Móbil en Prostitución da Asociación Alecrín, a través da que interveu en numerosos proxectos de intervención social, redacción de informes técnicos, así como na participación de congresos e mesas redondas.
Continúa o seu labor nesta área dende entón, colaborando como investigadora en diversas Universidades españolas, con ONG´s, empresas sociais, centros de estudios e na administración pública. Pertence ao grupo de investigación de “Socioloxía e Antropoloxía Aplicada” da Universidade de Vigo; á Rede Iberoamericana da Investigación sobre Imaxinarios e Representacións e á Rede Galega contra a Trata.
Publicou catro libros monográficos, unha guía e dous manuais. Dirixiu tres investigacións (dúas de carácter local e una autonómica). Participou noutras 7 investigacións e realizou 15 artigos sobre as liñas de estudio: Prostitución-Sexualidade e Igualdade-Violencia.
A celebración desta Mesa Local sobre Violencia de Xénero persegue o obxectivo fundamental de buscar as claves para fomentar a igualdade entre sexos de cara a previr e erradicar calquera tipo de maltrato ás mulleres.
Sobre a realidade que lamentablemente require da celebración desta data as representantes municipais declararon durante a Mesa que “a desigualdade entre homes e mulleres existente no nosa sociedade constitúe un dos ataques máis fragantes aos dereitos fundamentais como a liberdade, a igualdade a seguridade e a non discriminación; por iso dende o Concello de Mos vimos realizando ao longo deste anos diferentes actividades encamiñadas á formación dos profesionais, á prevención e á sensibilización social respecto da gravidade e magnitude deste problema, actividades que se complementan coas que hoxe presentamos incluídas dentro do programa oficial do Día Internacional contra a Violencia de Xénero”.
Así mesmo a edil de Política Social, Sara Cebreiro, insistiu en que “considerando a desigualdade como o xerme para as situacións de violencia de xénero, e o Concello como a administración más preta á cidadanía, este último convértese no marco de referencia para a loita contra a desigualdade e para a prevención e sensibilización en violencia de xénero, de ahí que dende este espazo esteamos a facer realidade multitud plans e programas a prol da prevención e erradicación de todo tipo de violencia contra as mulleres”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149