Domingo, 18 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 25 de Noviembre de 2015 Tiempo de lectura:
O Porriño

Carrera asegura que as obras da contorna da Praza de Abastos non restará aparcadoiro

[Img #21738]

 

O Goberno local do Porriño mantivo o pasado luns, día 23, unha xuntanza,  no Concello, con placeiros e comerciantes da Praza de Abastos, na cuia  contorna están realizándose obras que van a cambiar completamente o seu aspecto.

 

Na mesma, o primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Vías e Obras,  Manuel Carrera, explicou aos titulares dos negocios que as obras están  ainda na na súa Primeira Fase e informoulles dos cambios que se  realizaron dende o seu inicio, como a mellora do chan de pedra que  estaba proxectado.

 

Na xuntanza, que Carrera calificou de “moi proveitosa”, o goberno local  aclarou que a zona, en contra do que se viña difundindo, non perderá  aparcamentos, “mesmo está previsto a creación de 4 prazas de  estacionamento novas na zona Oeste da praza” e, na parte Sur,  habilitaranse zonas para que os clientes que se desplacen en coche  poidan facer unha parada dun máximo de 15 minutos para suban as súas  compras ou recollan a unha persoa, sen necesidade de estacionar.

 

Tamén discutiuse a posibilidade de que a rúa Cando pase a ser de dobre  dirección, “unha demanda histórica de praceiros e comerciantes”, para o  cal habería que acometer varias obras máis para facelo posible, algo que  está no ánimo do goberno local.

 

O proxecto, no conxunto, que estará rematado en 2016, suporá non so  “unha mellora na mobilidade de vehículos, coa entrada e saída separadas  dende a zona de aparcamentos, senon que implicará a recuperación dunha  amplia praza para disfrute dos veciños no centro mesmo do Porriño”.

 

A xuizo do Goberno local a xuntanza concluiu con “acordos interesantes”  e o compromiso de volver a reunirse coa asociacións de comerciantes e  praceiros para estudar e acordar calquera proposta, idea ou cambio.

 

Asimesmo, Manuel Carrera pediu disculpas aos veciños polos trastornos  que poidan ocasionarse durante o tempo que duren as obras e pediu  comprensión polos mesmos, na seguridade de que o resultado servirá para  rehabilitar esta parte do Porriño para os cidadáns.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.