Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 27 de Noviembre de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

A concellería de Educación mosense asegura que mantén comunicación constante coa dirección do Colexio Pena de Francia

O Concello de Mos acometeu en setembro unha obra de conexión do centro educativo á rede de saneamento que supuxo unha inversión de 50.000 euros

[Img #21762]

 

A concelleira de Educación mosense, Kely Monzón, reuniuse o pasado 21 de outubro coa Asociación de Nais e Pais do Colexio Pena de Francia; reunión na que lles comunicou ós membros da ANPA presentes que a semana seguinte mantería unha xuntanza co xefe territorial da consellería de Educación na provincia de Pontevedra, César Pérez Ares, ó igual que a edil ven facendo ó inicio de cada curso escolar.

 

No encontro mantido con Pérez Ares na xefatura territorial, Monzón trasladoulle a este todas as necesidades do CEIP Pena de Francia que previamente lle foran comunicadas pola dirección do centro educativo, quen tamén estableceu entre ditas necesidades cales eran as prioritarias.

 

Na xuntanza co xefe territorial tratáronse as principais necesidades do colexio, que foron establecidas pola ANPA e a dirección do centro, tales coma un almacén e un aulario para remediar os problemas de espazo do centro, a adecuación do edificio á normativa vixente dotándoo dunha saída de emerxencia no segundo andar, a renovación da carpintería exterior nas prantas primeira e segunda, a renovación do falso teito, a solución ó problema de grietas, independizar a caldeira da planta baixa e instalar un WC no patio.

 

Na reunión do pasado mes de outubro a concelleira de educación comunicoulle tamén á ANPA de Pena de Francia que dende o Concello de Mos se solicitara unha entrevista co conselleiro de Educación para trasladarlle a el persoalmente estas mesmas necesidades establecidas dende a dirección do centro.

 

Neste sentido Kely Monzón quixo puntualizar que, -“tal e como xa se lles trasladou ós membros da ANPA nunha reunión celebrada en marzo á que incluso asistiu a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo”-, dende o Concello se ven “solicitando dende fai tempo á consellería competente en materia de Educación o compromiso para poñer en marcha un plan estratéxico anual de actuación nos dous centros de Educación Primaria máis deteriorados no municipio e que son este mesmo de Pena de Francia e o CEIP de Atín”.

 

A idea e a pretensión municipal son que este plan garanta que as necesidades de ambas se vexan óptimamente cubertas durante cada curso escolar. Ademais Arévalo comprometérase durante esta xuntanza a acometer a conexión das instalacións do colexio á rede de saneamento, obra que a propia ANPA determinou como a máis urxente, e que foi acometida e rematada o pasado setembro, cun custo de 50.000 euros para o Concello de Mos.

 

Ademais durante o curso 2014/2015 o Concello de Mos “realizou melloras no Colexio de Pena de Francia por importe de preto de 5.000 euros consistentes na acometida da cuberta da entrada principal, drenaxe da pista deportiva, melloras nas porterías e canastas, pintado das aulas, reparación do ascensor e instalación de aire acondicionado na aula multiusos” explican nun comunicado emitido onte.

 

As principais necesidades do Colexio de Atín, trasladadas ó xefe territorial o pasado 26 de outubro pola concelleira son a instalación de carpintería exterior de aluminio en todo o centro, habilitar a vivenda do conserxe como comedor escolar, o cambio dos falso teitos, acondicionamento da aula infantil pechada e a acometida dun novo acceso ó centro para o alumnado.

 

A concelleira mosense de Educación anunciou onte que acompañará á rexedora local a Santiago o vindeiro 2 de decembro para reunirse co conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e determinar entón as medidas a adoitar no Colexio Pena de Francia. Monzón quixo deixar claro ademais esta mañá que “a comunicación entre a concellería de Educación e Participación Cidadá que dirixo e a ANPA e a dirección do centro educativo é constante”.

 

 

Outros centros de Educación Infantil e Primaria mosenses

 

Dende o Concello de Mos aseguran que se “fai un seguemento e estudio constante das necesidades dos seus 5 centos educativos públicos de Educación Infantil e Primaria. O mes pasado dende a concellería mosense de Educación trasladábase á xefatura territorial da consellería de Educación da Xunta de Galicia, ademais das necesidades dos colexios de Atín e Pena de Francia, as dos outros tres CEIPs do municipio: Petelos, CEIP Mestre Valverde Maio (Sanguiñeda) e CEIP Mestre Martínez Alonso (Castro-Mos)”.

 

Nestes casos as principais demandas refírense á necesidade de solucionar deficiencias na liña ADSL, melloras nas instalacións eléctricas, obras relativas ós comedores escolares, reformas nos patios exteriores, etc.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.