Mos
Alumnos de Educación Primaria de Mos reciben a charla: “Violencia de xénero: traballando dende a igualdade”
Está destinada a alumnos de 5º e 6º de Primaria e ten como finalidade educar a persoas libres e en igualdade de condicións, que aprendan a querer e respectar
![[Img #21770]](upload/img/periodico/img_21770.jpg)
Dende a concellería de Educación, dirixida pola edil Kely Monzón, traballase na prevención e sensibilización en violencia de xénero; procurando que todo o alumnado perciba formación ampla neste tema durante o seu período de escolarización no colexio.
Onte no Colexio Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos os alumnos-traballadores do Obradoiro de Emprego ‘Mos coa Mocidade’ impartiron ós alumnos dos últimos cursos de Educación Primaria unhas dinámicas grupais cos obxectivos de romper os estereotipos laborais en canto a xénero, fomentar o traballo conxunto entre nenos e nenas, buscar a igualdade e desinhibición entre ambos xéneros, fomentar a boa relación ademais da normalización da afectividade no día a día, así como a distensión e trato entre ambos xéneros; tratando en todo momento de crear un clima de tolerancia, respecto e afectividade entre ambos xéneros. A concelleira Monzón acompañou onte ós rapaces e rapazas participantes durante estas dinámicas.
E é que este ano, na semana do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, dando continuidade a estas iniciativas de concienciación, esta concellería ofrece unha charla dirixida ó alumnado de 5º e 6º de Primaria que ten como finalidade educar a persoas libres e en igualdade de condicións, que aprendan a querer e respectar, e previr condutas que favorezan actitudes relacionadas coa violencia en xeral e a de xénero en particular. Como introdución á charla os nenos e nenas visionan unha interesante curtametraxe que gañou o Segundo Premio Categoría Educación Primaria “Hablamos de Violencia de Género” (2015) dos “Premios Cortometrajes contra la Violencia de Género Delegación del Gobierno en Aragón”.
Tras a proxección cinematográfica a charla, cunha duración total de 50 minutos, continúa coa intervención do colaborador Jorge Araújo, persoal especializado en violencia de xénero do Servizo da Garda Civil.
Ó longo desta semana recibiron esta actividade os alumnos de 5º e 6º de Primaria do Colexio Pena de Francia e os de 5º do Colexio de Petelos. Hoxe fixérono os alumnos de 5º e 6º cursos de Primaria dos colexios Mestre Martínez Alonso e Mestre Valverde Maio (Sanguiñeda) .

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149