SALCEDA DE CASELAS
Accesibilidade do Centro de Saúde ou novos tramos de saneamento as esixencias dos socialistas á Deputación
![[Img #21799]](upload/img/periodico/img_21799.jpg)
O concello de Salceda de Caselas recibirá co “Plan Concellos 2016” da Deputación de Pontevedra, un 52% máis que no ano 2015.
Verónica Tourón, portavoz socialista en Salceda, “a nova deputación está poñendo en marcha outra forma de gobernar, e aquí o demostra, xa era hora de que os veciños teñan a mesma igualdade de oportunidades con independencia do lugar no que vivan ou a quen voten”.
"Dende o partido socialista de Salceda queremos facer fincapé en que un 22,50% do Plan pode ir destinado a contratación de persoas para realizar traballos municipais, polo que lle pedimos ó Sr. Alcalde que, na situación actual de desemprego no que se atopan os nosos veciños e veciñas, se dedique esta porcentaxe íntegra a contratación, pois aliviará a situación que están pasando moitas familias".
As necesidades máis urxentes dos veciños, a prioridade dos Socialistas
En canto os investimentos, o PSOE "esixe ó Sr. Alcalde que se inverta en infraestruturas útiles e de urxente necesidade, pois non corren tempos de facer obras de maquillaxe". “Consideramos que poñer bonita Salceda está moi ben, pero que primeiro débense cubrir as necesidades máis básicas e urxentes”. Os Socialistas de Salceda, instan ó Sr. Alcalde e a o seu goberno a que realice as xestións necesarias para dar solución a actual situación do servizo de Pediatría con este Plan, pois é primordial e urxente arranxar esta situación. “Os pais, nenos e nenas que sofren esta situación son salcedenses, e como veciña, creo que esta situación hai que arranxala xa, da igual se o diñeiro ven da Deputación, Xunta ou Concello, pois ó final estamos a falar do diñeiro de todas e todos”.
"Por suposto, isto non substituíra en ningún caso a necesidade máis grande que ten Salceda que é o novo centro de saúde, que os socialistas levamos reivindicando dende o ano 2010. No caso do centro de saúde os socialistas desmarcámonos da pelexa existente entre o goberno municipal e o goberno da Xunta de Galicia consideramos que é cuestión de vontade política, que xa está ben de orgullos e que se deixen de tirar a pelota uns a outros e comecen a traballar xuntos no tema que máis preocupa os veciños e veciñas” explican.
Ademais aseguran que "entre as obras que consideramos os socialistas ás que se debe destinar este Plan, tamén se encontran pequenos tramos de saneamento. Por exemplo, o caso que se está a dar no barrio da Bouzavedra, no que arredor de 20 familias se atopan nunha situación insostible, ás cales ademais lles están anunciando multas por non dispor deste servizo".
“Dende a oposición, esixiremos e controlaremos que o equipo de Goberno inverta este diñeiro nas necesidades reais e urxentes dos nosos veciños” engade Verónica Tourón.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129