PROVINCIA
Máis de 16 millóns de euros a políticas de igualdade, cohesión social e xuventude
A Deputación destina preto de 800.000 € para o desenvolvemento de políticas activas en materia de igualdade.
![[Img #21821]](upload/img/periodico/img_21821.jpg)
As políticas en materia de igualdade, cohesión social e xuventude son prioritarias para a Deputación de Pontevedra, segundo afirman nun comunicado no que engaden que "se ben o anterior goberno centraba as súas políticas sociais unicamente no Centro Príncipe Felipe, o novo goberno da institución provincial creou o servizo de igualdade e o de cohesión social e xuventude, coa finalidade de impulsar actuacións nestas materias que contribúan ó progreso da provincia de Pontevedra".
O novo goberno da Deputación de Pontevedra destinará, por tanto, preto de 800.000 € para o servizo de igualdade, anteriormente inexistente. A través deste departamento, a institución provincial porá en marcha políticas en materia de igualdade que sirvan como marco de referencia para a súa aplicación na administración local provincial. Terá, por tanto, funcións interdepartamentais, na propia Deputación de Pontevedra, pero tamén interinstitucionais, de ámbito provincial.
O servizo de cohesión social e xuventude conta cun orzamento de 5 millóns de €
Fronte á política da Xunta de Galicia, que está acernando os recursos dedicados á igualdade, ou do Goberno central, que desde o 2011 acumula un recorte do 37% en políticas de igualdade, ó que hai que sumar o recorte do 17% sufrido, nesta lexislatura, no orzamento destinado á loita contra a violencia de xénero, a Deputación de Pontevedra crea un servizo propio en materia de igualdade, inexistente ata o momento, ó que dota de preto de 800.000 €.
A maiores, a institución provincial destina máis de 5 millóns de € ó servizo de cohesión social e xuventude que centrará a súa actuación no impulso dos servizos sociais municipais e na aposta pola xuventude. Neste contexto, destinaranse case 3 millóns de € á prestación de servizos comunitarios básicos nos concellos, coa finalidade de garantir a atención das necesidades sociais de toda a poboación, previr a desigualdade entre a cidadanía así como favorecer a participación e libre desenvolvemento das persoas.
A institución provincial investirá 10,4 millóns de € no funcionamento do Centro Príncipe Felipe
En canto á xuventude, a Deputación de Pontevedra destinará máis dun millón de € para este sector da poboación, o futuro da nosa sociedade, que na actualidade é vítima da situación precaria do noso país. Para elo, a institución provincial está a escoitar as súas necesidades coa finalidade de impulsar medidas e actuacións que sexan do seu interese.
Ademais, o novo goberno da Deputación de Pontevedra destinará un millón de euros ós colectivos sociais e entidades de iniciativa social da provincia, repartidos de xeito xusto e igualitario, e investirá 10,4 millóns de € no funcionamento do Centro Príncipe Felipe.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129