Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 02 de Diciembre de 2015 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

A Xunta reclama a Ponteareas 370.000 euros polo mantemento do Centro de Día entre 2009 e 2013

O alcalde oponse á reclamación e esixe que se reúna a comisión de seguimento Xunta-Concello.

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, remitiu un escrito á Conselleira de Traballo e Benestar Social opoñéndose á reclamación de débedas realizada polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. O organismo da Xunta reclama ao Concello 370.000 euros correspondentes aos gastos do Centro de Día do período 2009-2013.


Os gastos reclámanse en virtude do convenio asinado entre o Concello e a Xunta en 2008 polo cal o primeiro cedía á administración autonómica o Centro de Día e o concello asumía un terzo de determinados gastos de mantemento.


Segundo o alcalde, a cantidade reclamada pola Xunta non se axusta ao establecido no convenio e estanse incluíndo gastos que son alleos ao mantemento. Ademais, o alcalde engade que a Xunta non determina con claridade os conceptos polos que está reclamando o pago ao concello. Para Represas resulta cando menos pouco serio que “desde a creación da comisión de seguimento en 2008, esta nunca se reunira a pesar de que é a competente para aprobar os gastos e a contabilidade do Centro de Día. Sorprende que agora, unilateralmente, aparezan fixando e reclamando unha enorme débeda. Dá a sensación de que nos últimos sete anos todo daba igual, e agora co cambio de goberno municipal a Xunta acórdase de reclamar supostas débedas atrasadas de 2009 a 2013, que non reclamou ao goberno de González Solla”.


Represas insta á conselleira a convocar de forma inmediata a comisión mixta de seguimento do convenio para solventar a controversia.


O alcalde aclarou que “o goberno que presido vai cumprir con todas as súas obrigas e está realizando unha xestión económica rigorosa, pero imos defender enerxicamente os intereses municipais. Non imos pagar o que non nos corresponde nin imos consentir que a Xunta cargue sobre este goberno posibles tratos de favor aos gobernos anteriores do PP, aos que non lle reclamaba as débedas do Centro de Día”. Represas salientou que “o Concello xa ven asumindo competencias da Xunta como a Residencia de Maiores, a Escola Infantil ou a Estación de Autobuses e facendo frente a gastos que non nos corresponden”. O alcalde anunciou que pensa poñer fin a esta situación prexudicial para Ponteareas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.