GALICIA
Turismo de Galicia promoverá a oferta náutica galega na LV edición do Salón Náutico de París
O obxectivo é promover internacionalmente o turismo náutico e a actividade das instalacións náutico recreativas galegas, nun certame que reúne anualmente uns 250.000 visitantes de todo o mundo.
![[Img #21815]](upload/img/periodico/img_21815.jpg)
A oferta náutica da Comunidade galega estará presente na LV edición do Salón Náutico de París, entre os días 4 e 13 de decembro da man de Turismo de Galicia, ao obxecto de promover internacionalmente o turismo náutico e a actividade das instalacións náutico recreativas galegas, nun certame que reúne anualmente uns 250.000 visitantes de todo o mundo.
Este ano, Turismo de Galicia instalará un stand de 48 metros cadrados a través do que difundirá a oferta náutica galega neste certame, que chega á súa LV edición e no que a Xunta de Galicia participa dende hai dezaseis.
O recinto de promoción do turismo náutico galego posibilitará tamén a toma de contacto e as relacións comerciais entre os profesionais galegos e os empresarios do sector que visiten a feira.
Por outra parte, a entidade Portos de Galicia estará representada tamén no stand de Galicia apoiando a promoción e a consolidación da comunidade galega como destino náutico de primeira orde internacional.
Axentes especializados
Ademais do contacto empresarial cos participantes no Salón, Turismo de Galicia e Portos de Galicia desenvolverán unha axenda de reunións, na que se incluirán encontros institucionais e presentacións públicas para difundir o potencial da náutica galega e o das súas instalacións e servizos portuarios.
O Salón Náutico de París contará este ano coa presenza de preto de 8.000 profesionais e máis de 700 expositores que representan a máis de 1.300 marcas.
Segundo datos da presenza de Galicia en anteriores edicións, a gran maioría dos visitantes son afeccionados á náutica que valoran moi positivamente as condicións de navegabilidade da nosa costa, a gastronomía, a paisaxe e a hospitalidade da xente.
O perfil dos visitantes con maior interese pola nosa Comunidade corresponde a persoas de máis de 40 anos procedentes de Bretaña e Normandía e doutros países limítrofes como Bélxica. Así mesmo, Galicia resulta ser un destino atractivo como escala para travesías do Atlántico.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149