Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 01 de Diciembre de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

Dúas persoas foron evacuadas tras producirse un lume no interior da súa vivenda en Vigo

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo a dúas persoas, nai e fillo, que resultaron afectados a causa da combustión dun televisor. Segundo relatou a propia afectada, a estancia comezou a encherse de fume, sen embargo, seguen sen estar claras as circunstancias nas que se produciu o lume. Foi a nai quen chamou ao 112 Galicia uns minutos antes das tres da madrugada, que pediu asistencia sanitaria urxente. Pola súa banda, o persoal do CAE 112 Galicia avisou aos Bombeiros da cidade, aos técnicos de Urxencias Médicas e aos axentes da Policía Local.

 

Ademais, en Vilalba, os bombeiros do parque comarcal traballan dende hai algo máis dunha hora nun incendio declarado nunha casa situada na parroquia vilalbesa de San Simón da Costa. O incendio provocou danos importantes na estrutura da vivenda, que acabou por virse abaixo. Os bombeiros retiran, arestora, os cascallos coa idea de descartar que houbese alguen no interior do inmoble. Os veciños aseguran que se trata dunha casa habitada. Por último, en Verín, de madrugada, ardeu o tellado dun edificio de tres andares situado na Avenida de Sousas. Por fortuna, ninguén resultou afectado.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.