Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 02 de Diciembre de 2015 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra promove un proxecto europeo para impulsar o Camiño Portugués

Representantes da institución provincial e do concello de Caldas, o que ten maior número de quilómetros de camiño portugués na provincia de Pontevedra, participan nunha reunión en Ponte de Lima para impulsar o percorrido.

[Img #21848]

 

A Deputación de Pontevedra e o Concello de Caldas de Reis participaban, onte en Ponte de Lima, nunha primeira reunión para a posta en marcha dun proxecto europeo, no marco da primeira convocatoria INTERREG V-POCTEP Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal, para impulsar o Camiño Portugués a Santiago de Compostela.

 

Este primeiro encontro en Ponte de Lima, no que participan a Deputación de Pontevedra -como socio líder- e o Concello de Caldas de Reis xunto ó resto de socios do proxecto (Cámaras Municipais de Ponte de Lima, Barcelos, Paredes de Coura e Valença do Minho), servirá para preparar a documentación esixida e realizar o informe previo para poder poñer en marcha o proxecto de impulso do Camiño Portugués.

 

Esta actuación de cooperación entre a provincia de Pontevedra e o Norte de Portugal serve para potenciar os lazos sociais e culturais entre ambas rexións así como pon de manifesto dous aspectos relevantes con respecto ó Camiño Portugués a Compostela: o incremento progresivo de peregrinos por esta variante (superando as 40.000 persoas anuais) e o lugar que ocupan Porto e Tui entre os cinco primeiros postos dos lugares de comezo das diferentes rutas que elixen os peregrinos.

 

A cooperación e o reforzo institucional do Camiño Portugués, no tramo Porto-Pontecesures, permite abrir oportunidades de desenvolvemento e internacionalización do sector turístico vinculado á ruta. Por elo, a Deputación de Pontevedra, xunto cos concellos da provincia polos que transcorre o Camiño Portugués, ten por obxectivo, a través deste proxecto de cooperación transfronteiriza, promover e desenvolver o percorrido mediante a creación de novos produtos turísticos relacionados co Camiño, ampliar e mellorar a oferta turística, protexer os recursos turísticos culturais e naturais ligados ó percorrido, mellorar o mesmo, desenvolver turística e socioeconomicamente os municipios polos que transcorre, incrementar o número de visitantes en ocupacións hoteleiras, elaborar accións de promoción conxuntas e favorecer a cooperación transfronteiriza.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.