Viernes, 16 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 03 de Diciembre de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Mos axuda ós seus deportistas con preto de 30.000 euros

Os principais clubes e deportistas individuais mosenses recibiron esta tarde as subvencións do 2015 para apoiar a súa actividade

[Img #21884]

 

O Concello de Mos congregou esta tarde ás directivas dos principais clubes deportivos do municipio así coma a unha das deportistas mosenses máis destacadas, Patricia Martínez, para facerlles entrega das axudas económicas que anualmente lles outorga a administración local.

 

En total repartíronse 27.400 euros en sete subvencións cuxos beneficiarios foron a xa mencionada bailarina Patricia Martínez, o Club de Fútbol Alerta de Sanguiñeda, a Unión Deportiva Mos, o Club Deportivo Louro-Tameiga, o Louredo Club de Fútbol, o Club de Natación Mos, e as Escolas de Patinaxe de Mos.

 

No acto de entrega estiveron presentes, ademais dos deportistas e entidades deportivas pertinentes, varios representantes municipais entre os que se atopaban a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Deportes e tenente alcalde, Alberto Méndez.

 

A rexedora local destacou durante a entrega a implicación do Concello de Mos como promotor da práctica deportiva. “O deporte non só fomenta os hábitos de vida saúdables, senón tamén principios educacionais tales coma o traballo en equipo, o esforzo, o afán de superación, a competitividade sá e o compañeirismo entre rivais; valores tan necesarios e importantes na sociedade actual”, dixo Arévalo. Quen apuntou tamén a este respecto que no orzamento para 2016, recentemente aprobado en Pleno, “pretendemos continuar a fomentar a calidade de vida de cativos, adultos e maiores mediante o incentivo da práctica do deporte. Na partida de Deportes inclúense melloras no Campo de Fútbol das Baloutas e unha obra de mellora e adaptación na Piscina Municipal que conta con máis de 2.000 usuarios ó mes. Deste xeito, en materia de deportes, o Concello de Mos fai un novo esforzo por manter a liña de axudas consignadas así coma o fomento das Escolas Deportivas tanto de fútbol coma de patinaxe, xadrez, natación e baloncesto. Asígnanse subvencións ós deportistas, tanto en equipos como individuais; tal é o caso do Club Louro Tameiga, o Club Fútbol Alerta, a Unión Deportiva Mos, o Club de Xadrez Mos, o Club de Natación Mos, as Escolas de Patinaxe de Mos, o Club Patinaxe Rosaleira, o Club de Baloncesto Mos, a Patricia Martínez e a ciclista Susana Alonso Carballo. Todo isto, xunto co mantemento e mellora da Piscina Municipal e dos pavillóns deportivos, suman unha inversión total en deportes para o vindeiro ano 2016 duns 427.000 euros”.

 

E é que no presuposto do vindeiro ano increméntase a partida adicada a Deportes para poder continuar a promover a actividade de clubes deportivos, tan importante para o enriquecemento da localidade. Faise un novo esforzo por manter a liña de axudas consignadas, así coma o incremento de outras e introducción de algunhas novas. Deste xeito fomentaranse as Escolas Deportivas e aumentarase a contía das subvencións a algúns deportistas, tanto en equipos como individuais, que están a despuntar na actualidade.

 

Por último o edil de Deportes, Alberto Méndez, insistiu no apoio do Concello de Mos ó deporte base, “alicerce da actividade deportiva na localidade mosense e futuro da mesma”. “Se temos un deporte base forte, activo e de calidade, o futuro deportivo de Mos será prometedor”, declarou Méndez.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.