Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 03 de Diciembre de 2015 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O CCA Morea premiará con 3.000 euros ós consumidores que merquen no comercio local

[Img #21877]A Asociación de Comerciantes do Porriño (ACIPOR) e o Centro Comercial Aberto “Morea” anunciaron hoxe coa posta en marcha da campaña de Nadal, que os consumidores que merquen nos comercios adheridos ao CCA Morea, optarán a gañar un dos 50 cheques agasallo de 60 euros cada un que sorterarán con motivo da campaña de Nadal, un total de 3.000 euros.


 
Trátase dunha iniciativa que procura que os consumidores fagan as súas compras de Nadal no comercio local ofrecendo ademáis de produto de calidade, un incentivo máis á hora de realizar as súas compras de Nadal no Porriño.
 


Así, cada vez que se merque nun establecemento, o consumidor entrará a participar no concurso do 50 cheques-agasallo de 60 euros.


 
Regalar “tarxetas-agasallo”


O CCA Morea informou ademáis, que outro modo de agasallar este ano é mercando tarxetas-agasallo, que poderán ser utilizadas en calqueira establecemento adherido ao CCA Morea e que veñen presentadas nunha caixiña para agasallo. Existen a disposición dos consumidores tarxetas-agasallo de 20 euros, 30 euros ou 50 euros para gastar no comercio local do Porriño adherido e que poderán mercalas nas Librerías Paz, Recondo e Copy Rey.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.