Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 06 de Diciembre de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

Rescatan a unha muller tras caer nun acantilado da Praia de Aguete en Marín

Os axentes da Policía Local informaron esta mañá do rescate dunha muller que caera nun acantilado na zona da Praia de Aguete, no concello pontevedrés de Marín. Segundo indicaron os técnicos sanitarios desprazados ao lugar, a muller caera á auga e, tras estar inconsciente, lograra alcanzar unhas rochas próximas. Así, tras comprobar que podía ser rescatada por terra, descartouse a mobilización de medios marítimos. Ademais, Urxencias Médicas enviou unha ambulancia ao punto para atender á muller. Eran as 12:45 horas de hoxe cando o CAE 112 Galicia recibiu a chamada de alerta. Así, informouse a Salvamento Marítimo, Bombeiros do Morrazo, Protección Civil de Marín e Policía Local.

 

Por outra banda, o 112 Galicia tivo constancia esta mesma mañá doutra persoa que tamén precisou ser rescatada. Neste caso, un mozo precipitárase dun tellado e caera no interior dun garaxe. Foi en Vigo, na rúa Barreiros, á altura do número 17. Unha vez recibida a chamada de alerta, pasados uns minutos das 11:30 horas, o persoal do 112 Galicia púxoo en coñecemento dos bombeiros da cidade, que se encargaron do rescate do rapaz. Ademais, informouse a Urxencias Médicas, Protección Civil e forzas da orde.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.