PONTEAREAS
ACIP denuncia o descontrol da celebración da feira do pasado sábado día 30 de novembro
O portavoz municipal de ACIP, Juan Carlos González Carrera, asegurou que a situación vivida na feira do pasado sábado en Ponteareas, na que se puxo en perigo tanto a seguridade dos peóns como o traballo dos taxistas do municipio, foron “froito da pasividade e descontrol da Concellería de Tráfico e Seguridade Cidadá”.
Segundo González Carrera, "o pasado sábado 30, a antedita Concellería de Seguridade optaba por cambiar a ubicación dos vendedores ambulantes que teñen os seus postos na Praza Maior, ao estar colocada unha carpa en dita praza, e trasladalos á rúa Vidales Tomé". O problema, segundo o portavoz de ACIP, é que dito traslado fíxose sen preparar primeiro este novo emprazamento “do que nin se retiraron todos os vehículos estacionados, nin os colectores de residuos que existen na zona”.
O resultado, segundo Juan Carlos González Carrera era o esperado xa que “as cousas que empezan mal, acaban mal”, asegura o edil independente que engade que dito traslado realizouse “sen ningún tipo de planificación previa e, o que é peor, non respectando ningunha das normas mínimas de seguridade que é necesario adoptar antes da colocación de postos ambulantes na zona”.
O sector do taxi, asegura o voceiro de ACIP, foi un dos máis prexudicados “é un do que máis tivo que aguantar pola improvisación da Concellería de Tráfico”. A rúa Vidales Tomé, explica Juan Carlos González Carrera, é paso obrigado para que os taxis poidan acceder á praza de Bugallal. Ao estar colocados postos a ámbolos dous lados da rúa, os taxistas “mirábanse obrigados a pasar polo medio dos postos, o que provocou situacións de perigo de atropelo aos peóns e enfrontamentos verbais con estes, ao ser o lugar de paso excesivamente estreito”.
Para ACIP, esta situación deixa de manifesto “o incumprimento do acordo que a Concellería de Tráfico tiña cos profesionais do taxi do Concello” dito acordo, explican os independentes de Ponteareas, especificaba que “a colocación dos postos dos ambulantes faríase so nun lado da rúa, valando a parte traseira para que os taxis puideran circular con seguridade a hora de acceder á Praza de Bugallal”.
Se ao feito de non ter adoptado esa medida, se lle engade “a existencia de vehículos estacionados nesa rúa que non se retiraron a tempo e impediron a correcta colocación dos postos, o problema esta servido”, asegura González Carrera.
"Por se fora pouco", apunta o portavoz de ACIP, “as propias beirarrúas estaban pechadas pola colocación dos colectores de lixo enriba delas” o que, afirma, “impedía o paso dos peóns e nin ten que decir, das nais con carriños de nenos ou das persoas en cadeira de rodas”.
González Carrera lamenta a situación orixinada e pide disculpas aos veciños e veciñas no nome do seu grupo “por unha situación, totalmente surrealista orixinada polo descontrol e falta de planificación da Concellería de Tráfico”.
Finalmente pide o portavoz de ACIP ao Goberno local que “se deixen de tanta propaganda e se poñan a traballar, especialmente a Concellería de Tráfico, para que noutras ocasións quede garantida a seguridade dos peóns e que os profesionais do taxi poidan desenvolver o seu traballo sen impedimentos”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149