Domingo, 18 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 09 de Diciembre de 2015 Tiempo de lectura:
O Porriño

Exito de asistencia na Xª Edición do ‘Pinchorriño’ que o consolida como un referente gastronómico galego

Os participantes deron boa conta dos máis de 50.000 pinchos desta edición.

[Img #21927]

 

A Asociación de Comerciantes do Porriño (ACIPOR) e o Centro Comercial Aberto “Morea” celebrou o pasado luns, día 7, o sorteo dos dúas fins de semana en Casas de Turismo Rural correspondente á Xª Edicición do Pinchorriño 2015 entre todos os participantes desta edición. A gran asistencia de fixo que houbese un “importantísimo número de solicitudes de participación no sorteo” sinalan dende a organización.

 

E non foi para menos. Segundo ACIPOR, este ano o Pinchorriño atraeu sen dúbida ao maior número de persoas dende a súa creación no ano 2006, imprimíronse 17.000 dípticos para participar. Os últimos tiveron que reimprimirse para facer fronte á última semana do concurso, dada a altísima asistencia aos establecementos participantes nesta edición.

 

Este feito unido á gran repercusión que está a ter este certame de tapas a nivel galego supón segundo a Asociación de Comerciantes do Porriño, a consolidación a nivel galego dun festival que atrae xente de toda Galicia durante a súa celebración. A organización destacou ter constancia de asistentes dende varias provincias galegas e no Norte de Portugal, onde a afluencia e maior cada ano, como amosa a asistencia de persoas dende preto de Oporto ou Vilanova Famaliçao ata Coruña, Fene, así como da área metopolitana, o interior pontevedrés e ata perto de Ourense. “Puidemos ver establecementos ateigados que chegaban a dar cada día 700-800 tapas… En total estimamos que puideron darse en todo o mes probablemente máis de 50.000 pinchos”. Un feito que sen dúbida, consolida a bóia saúde do certame e a súa continuidade, éxito ao que cada ano se suman máis establecementos do municipio.

 

Premiados 2015

 

Os premiados nesta ocasión foron a tudense Raquel L. A. e a porriñesa Digna C. P. O sorteo celebrouse na sede de ACIPOR coa presenza do Primeiro Teniente Alcalde do Porriño, Manuel Carrera, quen destacou o éxito do desta edición e “a importancia do Pinchorriño na dinamización da hostalería local cada ano, sendo xa un referente a máis alá do Porriño

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.