Sábado, 22 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 09 de Diciembre de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

Campaña “por un xogo igualitario e non violento”

Unha das liñas estratéxicas do novo goberno da Deputación de Pontevedra é o fomento da igualdade entre mulleres e homes. Neste eido, a educación desde o berce, tal e como manifestou  a Presidenta provincial, “é fundamental para conseguir que a igualdade se converta nunha realidade, máis alá das leis ou das declaracións”.

 

Coa inminente chegada das compras do Nadal, Silva asegurou que “é o momento idóneo para realizar un chamamento á reflexión sobre a adquisición de xogos, xoguetes, libros ou videoxogos para as cativas e cativos, impulsando a compra de xogos e xoguetes non sexistas e non violentos. Soamente así poderemos crear unha sociedade máis igualitaria e xusta entre mulleres e homes, con rapazas e rapaces que aprenden a dialogar e vivir xuntos en paz, a ser máis creativos, a ter os seus propios criterios, a xogar en liberdade sen estar orientados, desde o berce, a realizar determinadas actuacións ou comportarse dun modo concreto”.

 

A Presidenta da Deputación engadiu, ademais, que “os estereotipos, que existen na sociedade e que se trasladan a través dos medios de comunicación, impiden o desenvolvemento de capacidades e habilidades das nenas e nenos. Non se trata de forzar ás nenas e nenos a xogar con xoguetes ou xogos que non lles gustan, pero tampouco de impedirlles empregar xoguetes atribuídos pola sociedade a outro sexo”.

 

Por todo elo, a Deputación de Pontevedra e a través desta campaña propón un decálogo para a adquisición de xogos e xoguetes non sexistas e non violentos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.